Outra razón para mirar ao ceo: gran paso da Estación Espacial

A nave será visible no ceo sobre Galicia durante case sete minutos pouco antes da medianoite deste mércores ao xoves

Cunha magnitude aparente -3,9, un brillo comparable ao de Venus, poderase ver hoxe sobre o ceo de Galicia o paso da Estación Espacial Internacional (ISS). Tal e como informou unha vez máis o tuiteiro italiano Ignazio Magnani, e se pode comprobar en numerosas webs de información astronómica, a ISS percorrerá durante sete minutos, pouco antes da medianoite, a Terra por riba das nosas cabezas.


É un novo paso para ver en boas condicións, despois de que onte xa puidera contemplarse ao pasar a 400 quilómetros de altura e unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora. Porén, estaba situada máis ao norte, polo que a visibilidade era algo menor.

Publicidade

Como ver o paso

O paso deste mércores é especialmente significativo xa que o punto máis alto que acadará a ISS sobre o ceo de Galicia é de 87º, practicamente polo cénit nese momento. Nos vindeiros días haberá máis opcións semellantes, pero a horas menos apetecibles: na madrugada deste sábado 20 de xullo pasará sobre as 4.35 da mañá.

Así, é recomendable que pouco antes das 23.49 horas esteamos situados nun punto elevado, afastado da contaminación luminosa na medida do posible. E temos que mirar cara ao suroeste. Se nos fixamos, veremos como aparece un punto brillante que se dirixe cara a vertical do ceo. A Estación seguirá o seu paso cara ao noreste para desaparecer pouco despois das 23.56 horas.

Publicidade

Neste momento, a bordo da Estación Espacial están os astronautas estadounidenses Christina Koch e Nick Hague e o ruso Alexey Ovchinin. Precisamente o día 20, no que se cumpren 50 anos da chegada do Apolo 11 á Lúa, sairán desde a Terra os tres novos membros da tripulación, Drew Morgan (Estados Unidos), Alexander Skvortsov (Rusia) e Luca Parmitano (Italia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla