Os 46 refráns galegos para falar do frío

A páxina web 'Refraneiro galego' recompila máis de 10.000 frases curtas baseadas na cultura popular de Galicia

Hai un refrán galego preparado para cada ocasión. Dá igual que queiramos falar de gastronomía, educación ou meteoroloxía. Sempre haberá unha frase curta e con certa retranca que faga sorrir ou reflexionar sobre o pensamento popular. O clima é unha das temáticas favoritas da cultura galega, por non falar da cantidade de palabras que ten o noso idioma para falar da choiva. Agora que Galicia leva un par de semanas xeada, con temperaturas moi baixas e neve nalgunhas zonas, non está de máis acudir ao saber popular. Unha paxina web ideada e deseñada pola xornalista coruñesa Pilar Mera recompila máis de 10.000 refráns de todas as temáticas imaxinables. O frío é unha delas e Refraneiro galego recolle, nin máis nin menos, que 46 frases curtas.

Moitas estrelas a brillar, frío seco vai chegar, di un dos refráns. Igual que Frío por Nadal, calor desde San Xoán. Estas dúas frases funcionan como meteorólogos populares. Iso si, sen máis base científica que o saber dos máis anciáns. Moitos refráns, de feito, teñen esta compoñente de prognóstico. Hai algúns que poden acertar grazas ao azar pero a meirande eles quedan obsoletos coas tecnoloxías actuais. Tamén hai varios relacionados co San Martiño, que se celebra o 11 de novembro e funciona como preludio do inverno. Refraneiro popular recolle o seguinte en diferentes versións: Ata san Martiño, pan e viño; de san Martiño para adiante, fame e frío bastante.

Publicidade

Moitas estrelas a brillar, frío seco vai chegar é un dos saberes que recolle a páxina

Case todos os refráns salientan pola súa impecable retranca, pero hai algúns que destacan máis ca outros. Un dos exemplos máis representativos é Máis vale viño frío ca auga quente. Por suposto, non poden faltar os que falan do amor: Mans quentes e corazón frío, amor perdido. E tampouco sería un bo refraneiro galego se non recollese os mellores consellos para protexerse do frío. A solución, máis que prender a calefacción, pasa por tirar de roupa de abrigo. Así o reflicte o seguinte refrán: Xaneiro frío ou templado, pásao arroupado. Ou este outro: Deus dá o frío conforme é o abrigo.

Refraneiro galego funciona dunha forma moi doada. Tan só está formado por un buscador onde se escribe a palabra desexada. Neste caso, “frío”. Logo aparece unha listaxe dos refráns relacionados. Iso si, sen explicación. Ademais, a páxina é susceptible de seguir aumentando a súa nómina de frases curtas. Todos aqueles que queiran contribuír a recompilar o saber popular de Galicia, poden enviar o seu refrán indicando o seu nome e o lugar de procedencia. A páxina non deixa de ser un repositorio dixital para non esquecer o que pervive aínda na mente de tantos. E, por suposto, para lembrar a cotío que Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O teu concello é circular ou ten forma de unicornio? Consúltao aquí

Un proxecto de visualización de datos ordena rexións europeas seguindo criterios xeométricos e a xornalista Pilar Mera adáptao a Galicia

Meteoroloxía popular: os vellos refráns tamén menten

Os proverbios, observar a lúa ou sentir dor nun xeonllo non son boas técnicas para predicir o tempo. Só o vento nos pode axudar, a curto prazo

Os refráns populares cientificamente certos

A ciencia referenda o que a sabedoría popular leva anos repetindo

Astérix e Lara Croft, sometidos ao xuízo dos historiadores

A revista online 'El 8º Historiador', creada no campus de Ourense, analiza o rigor histórico de videoxogos, series ou novelas de éxito