A OMS mantén a covid como emerxencia internacional

Tres anos despois de que estoupase a crise sanitaria a pandemia chega a un "punto de inflexión", pero non á súa fin

A pandemia de covid-19 continúa sendo unha emerxencia de saúde pública de importancia internacional. Así o trasladou este luns o director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus. O experto deu a coñecer os resultados dunha reunión para avaliar a situación epidemiolóxica mundial do SARS-CoV-2 que se celebrou o venres en Xenebra. Malia que segundo o principal organismo internacional en materia sanitaria a pandemia aínda non está superada, o seu director xeral recoñeceu que estamos nun “punto de inflexión”. Polo tanto, a súa fin parece estar máis preto.

A decisión dáse a coñecer xusto tres anos despois de que estoupase a pandemia. En xaneiro de 2020 saltaron as alarmas por un virus descoñecido que se estaba a propagar a pasos axigantados dende China ata o resto do mundo. Aínda que a OMS recoñece que a situación actual non é comparable coa vivida tres anos atrás, insiste en que nas últimas oito semanas aínda se notificaron máis de 170.000 mortes relacionadas coa covid. Ademais, a vixilancia do virus e a secuenciación xenética diminuíron a nivel mundial, “o que dificulta o seguimento de variantes coñecidas e a detección doutras novas”.

Publicidade

“Notable melloría”

“A reunión do comité para valorar se a covid-19 continúa sendo unha emerxencia de saúde pública de importancia internacional é, por si mesma, unha boa noticia. Un indicador de notable melloría na situación mundial da pandemia”, asegura o epidemiólogo Salvador Peiró en declaracións recollidas polo Science Media Centre España. O experto asegura que este paso da OMS é unha forma de avanzar e recoñecer a evolución favorable da situación epidemiolóxica mundial. Porén, el considera que era predicible que o organismo se mantivese prudente no que respecta á alerta mundial.

Segundo Peiró, a posición “razoable” da OMS non se vai modificar ata que non se avance máis noutros aspectos. En primeiro lugar, nos plans dos estados membros en preparación e prevención a medio-longo prazo. Tamén, no mantemento da atención na vixilancia de novas variantes. Finalmente, Peiró considera que hai que valorar algúns aspectos regulatorios, como as autorizacións de vacinas, as probas diagnósticas e tratamentos nalgúns países que están amparados pola declaración da covid-19 como emerxencia internacional.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arranca un ensaio clínico para avaliar a vacina combinada fronte á gripe e a covid en maiores de 65

O proxecto chámase Combogal e agárdase que participen nel 110.000 persoas entre a campaña que xa está en marcha e a da tempada 2027 - 2028

Sanidade rexistra un aumento na incidencia da gripe e a covid

As taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos aumentaron un 24,5 % e un 88,9 %, respectivamente, en comparación coa semana anterior

Unha tese galega explora o potencial inmunomodulador e neuroprotector do litio fronte á covid-19

A investigación identifica cambios en biomarcadores inflamatorios e parámetros inmunolóxicos en pacientes tratados co fármaco

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas