Así se forman os “sombreiros do Teide”, as curiosas nubes que coroan o volcán canario

O meteorólogo Juan Jesús González Alemán explica que este fenómeno fórmase pola propia montaña e modúlase polo vento que se produce nesa capa atmosférica

O Teide é o protagonista indiscutible do perfil de Tenerife, a illa canaria na que se sitúa o sonado volcán. Ademais da fermosa paisaxe que forma esta espectacular estrutura xeolóxica, hai fenómenos meterolóxicos que contribúen a facela aínda máis impresionante. Un deles é coñecido como “o sombreiro do Teide”; unha nube estática —denominada lenticular— que se forma pola propia montaña e se modula polo forte vento que se produce nesa capa atmosférica.

O investigador da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) Juan Jesús González Alemán colgou na súa canle de Twitter una vídeo timelapse do comportamento dunha das nubes lenticulares que coroan o Teide. Isto permite coñecer máis de preto a dinámica dos seus sombreiros. Segundo explica o experto, “esta nube fórmase cando un fluxo intenso de aire estable se atopa coa montaña e se ve obrigado a ascender”. “Isto produce un tren de ondas corrente abaixo e como hai suficiente humidade, a nube fórmase estática no primeiro ascenso, xusto sobre a cima da montaña”, conclúe González Alemán.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De Flora a Rafael: estes serán os nomes das próximas borrascas que afecten a península

A Aemet presenta a lista para a época de temporais que comeza o 1 de setembro, e que se reservarán para os episodios meteorolóxicos de alto impacto

Nubosidade no norte, risco de incendios no sur e calor: esta é a previsión para o día da eclipse total en Galicia

A Aemet alerta de cúmulos baixos no litoral, mentres o interior estará marcado por alertas amarelas e laranxas polas temperaturas máximas elevadas

Haberá nubes durante a eclipse? A ferramenta definitiva para decidir onde ver o fenómeno en Galicia

A actualización dos modelos apunta a ceos cubertos no litoral e no norte, con diferenzas segundo a localidade e a evolución atmosférica do mércores

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable