O día que o dobre Nobel de Química coñeceu Galicia

No ano 2008, Karl Barry Sharpless foi convidado por Jorge Mira ao Programa ConCiencia da USC e coñeceu lugares como Fisterra ou o dolmen de Dombate

Foi en outubro de 2008. O químico e profesor universitario estadounidense Karl Barry Sharpless foi convidado pola Universidade de Santiago de Compostela a ao Programa ConCiencia, coordinado polo catedrático de Electromagnetismo da USC, Jorge Mira. “Dende logo, tiña un aura de xenio. Bromeabamos con que era o Richard Feynman da química”, lembra mira facendo fincapé na elocuencia e a enerxía do histórico físico e que desprendeu Sharpless durante aqueles días. Explica que lle sorprendeu gratamente: “Só o vin cunha onda máis baixa nun momento da viaxe e foi en Fisterra. Quedou extasiado co lugar”.

E é que Mira quixo percorrer con Barry Sharpless e a súa compañeira a súa terra: a Costa da Morte. Naquel periplo, fixeron moita amizade e o catedrático da USC incluso lembra bromear con el sobre a posibilidade hipotética de que o homenaxearan cun segundo Nobel. A idea, dende logo, non era unha tolemia. Hoxe mesmo, Sharpless vén de recibir o seu segundo galardón da Academia Sueca das Ciencias, xunto con Carolyn R. Bertozzi e Morten Meldal por seren os principais impulsores da química do clic e a química bioortogonal.

Publicidade

Neste vídeo pódese ver a conferencia de Sharpless na USC no outono de 2008

Mira só ten boas palabras para describir aqueles días coa familia Sharpless e da que naceu unha relación de amizade persoal que aínda agora, na distancia, tratan de conservar. A acollida da súa conferencia foi magnífica, recorda o profesor. “É unha persoa extremadamente expresiva, moi extrovertida. É quen de darlle moita vida ao seu relato e achegar as ideas ao terreo da divulgación”, explica o catedrático da USC, visiblemente emocionado por “estar a vivir a historia tan de preto”.

Mira e Sharpless paseando pola praza do Obradoiro en Santiago de Compostela

E é que recibir dúas veces o premio Nobel non é algo habitual. Sharpless recibira o seu primeiro galardón en 2001 polo seu desenvolvemento de métodos denominados como catálise asimétrica. Trátase de sistemas fundamentais na preparación industrial de fármacos, que conseguen realizalos dunha maneira máis eficiente e menos contaminante. Ademais, a comezos de século, sentou as bases conceptuais da química co clic, que é unha forma de química simple e confiable onde as reaccións ocorren rapidamente e, así, pódense evitar subprodutos non desexados. Desta volta, Sharpless (xunto a Meldal) puxo os cimentos ara unha forma funcional de química na que os bloques de construción moleculares se unen de maneira rápida e eficiente. “Está chamado a ser un dos grandes químicos da historia”, remata Jorge Mira.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla