Un estudo que anticipa a chegada dos ictus lendo os xenes ten pegada galega

O estudo internacional, foi publicado na revista Nature, e ademais de predicir que persoas presentan risco alto de sufrir un ictus, expón novas opcións farmacolóxicas.

A revista Nature publicou o maior estudo xenético de carácter internacional no que se identifican novos xenes relacionados coa posibilidade de padecer un ictus, así como novas terapias farmacolóxicas e no que participaron tres investigadores do Laboratorio de Neurociencias Clínicas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Tomás Sobrino, José Castelo e Francisco Campos.

O estudo identificou un total de 89 xenes relacionados coa probabilidade de desenvolver un ictus, dos que 61 tiñan unha implicación descoñecida até agora, un avance moi significativo xa que permite predicir a posibilidade de padecer un accidente cerebrovascular e tomar medidas preventivas naquelas persoas que presentan un risco alto. Pero os achados van máis aló, posto que grazas a esta información pódense optimizar as terapias farmacolóxicas con principios activos que non se tiñan en conta ata o de agora.

Publicidade

As conclusións confirman a importancia dos procesos inflamatorios, a hipertensión arterial e os trastornos de coagulación e restan relevancia a aspectos que até agora se crían esenciais como os niveis lipídicos en sangue. Isto abre a vía ao reposicionamiento farmacolóxico, isto é, o uso de fármacos indicados para outras patoloxías e cos que podería estudarse a súa efectividade en caso de ictus.

O estudo realizouse sobre a análise de xenoma completo, GWAS, de máis de 110.000 pacientes que sufriran un ictus, ademais de 1,5 millóns de persoas sas e, por primeira vez, incluíronse mostras de diferentes etnias, posto que todos os estudos realizados previamente baseábanse en exclusiva en individuos caucásicos.

Publicidade

Uns 120.000 españois sofren un ictus cada ano e cada vez a idades máis temperá, sendo xa a segunda causa de morte, primeira no caso de mulleres, e mulleres e é a primeira causa de discapacidade polo que os avances recolleitos neste estudo poden significar un gran avance en materia de saúde pública e preventiva.

Máis información sobre o IDIS

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 como froito da colaboración entre o SERGAS e a Universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade.

Cun equipo de máis de mil investigadores, 94 grupos de investigación, 29 millóns de fondos e 65 proxectos de investigación captados, o IDIS contribúe co seu labor a incrementar o coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector sanitario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago revela patróns xenéticos compartidos entre oito trastornos mentais

Un novo estudo do IDIS aplica por primeira vez unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría co obxectivo de mellorar o diagnóstico e impulsar a medicina personalizada

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

Investigadores galegos redefinen as pautas de extubación despois dunha operación por ictus

O estudo, coordinado polo IDIS e o CHUS, mostra que, contrario ao que se pensaba, adiantar o espertar do paciente non mellora a recuperación funcional