O atlas da cornixa cantábrica que mide desde a conservación do medio ambiente á taxa de feminidade

O proxecto do Campus Terra da USC cruza indicadores sociais, económicos e ambientais para medir a resiliencia dos territorios Rede Natura 2000

Cruzar valores tan dispares como a conservación do medio ambiente co número de mulleres por home ou a porcentaxe de poboación inmigrante ca superficie de cultivos que reciben fondos europeos. Todo para medir a capacidade de resiliencia dunha zona determinada na cornixa cantábrica. Ese é o obxectivo final da ferramenta creada por investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que veñen de rematar un mapeo dos 301 espazos incluídos en Rede Natura 2000 de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, León, Palencia e Burgos.

En total, o grupo de investigación PROePLA da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) deseñou 6.000 mapas de todo o terzo norte da península ibérica nos que se incorporan múltiples variables ambientais, sociais económicas. Así, poden consultarse índices como o de sobreenvellecemento, densidade de poboación, ratio de emprego e poboación inmigrante. Pero tamén outros menos habituais nos visores da situación por territorios, como as estradas que conectan con servizos públicos básicos como centros educativos ou sanitarios ou o número de receptores de axudas da Política Agraria Común (PAC).

Publicidade

Indicadores que se cruzan con outros sobre a conservación do patrimonio natural, como o catálogo de especies protexidas ou o potencial solo para a biodiversidade, así como outros como o histórico de incendios forestais nos últimos 25 anos ou o grao de concentración de mercurio, arsénico e cadmio nos chans. Datos de pasado e presente complementados con proxeccións a futuro, como a de carbono orgánico nos solos.

“A idea é que, ao cruzar todos estes indicadores, póidase obter unha caracterización do territorio que permita coñecer o seu estado e a súa resiliencia“, sinalan os promotores do proxecto, coordinado polo catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) Manuel Marey e posto en marcha dentro da iniciativa Mixturando, que desenvolve novas estratexias de posta en valor do bosque mixto atlántico en espazos protexidos de Galicia e Asturias.

Publicidade

Detalle

Unha cartografía que se achega ao detalle. Nalgúns casos, os mapas chegan a ter un quilómetro cadrado de resolución, co que podemos aproximarnos con lupa á realidade do territorio. Información que servirá de complemento á que xa dispoñen nos programas de xestión e conservación de cada un dos espazos Rede Natura catalogados.

Os promotores da iniciativa subliñan a importancia de contar con este abano de datos divididos nos mapas como sociais, ambientais e económicos. Unha clasificación na que recoñecen que, en ocasións, existen fronteiras “difusas”, como no caso da densidade de poboación que ten unha doble cara: por unha banda, social, e, por outra, económica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

Un estudo da USC evidencia a xenética “singular e diferenciada” do can de palleiro respecto doutras razas

A análise do ADN revela unha elevada diversidade, moderada consanguinidade e marcadores que permiten reforzar a súa conservación

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións