Galicia activa a alerta por calor e treboadas nas próximas 72 horas: estes son os concellos afectados

A zona do Miño nas provincias de Ourense e Pontevedra acadará temperaturas de entre 34 e 36 graos

Un calor abafante. Ese é un resumo sucinto do que acontecerá nas próximas 48 horas en Valdeorras e na zona colindante ao Miño nas provincias de Pontevedra e Ourense. A responsable será a entrada dunha masa de aire cálido procedente do sur peninsular que activa a alerta amarela por temperaturas de ata 36 graos e tormentas entre martes e mércores. A partir de mediados de semana, e debido a unha bolsa de aire frío en altura, producirase un considerable alivio térmico e as temperaturas caerán por debaixo dos 26 graos. Non obstante, algunhas partes de Galicia vivirán 48 horas de moita calor.

Os avisos amarelos están activos este luns por máximas de ata 34 graos en 13 concellos pontevedreses: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, O Porriño, Salvaterra de Miño, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Arbo e Crecente. A alerta permanecerá acendida entre as 15 e as 21 horas.

Publicidade

No que respecta á provincia de Ourense, este luns haberá dúas zonas afectadas. En Valdeorras serán cinco concellos en aviso por calor: Rubiá, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Petín e Larouco. No Miño de Ourense son 21 municipios: Padrenda, Pontedeva, A Arnoia, Cartelle, Cortegada, Melón, Carballeda de Avia, Leiro, Beade, Cenlle, San Amaro, Punxín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Barbadás, Castrelo de Miño, Toén e Ribadavia.

Amais de Pontevedra e Ourense, a alerta amarela permanecerá activa este luns por vento no mar no noroeste da Coruña.

Publicidade

Da calor ás tormentas

O martes chegará a inestabilidade atmosférica, que traducirá a intensa calor do luns en fortes treboadas, sobre todo de madrugada, en distintos puntos de Galicia. A alerta amarela permanecerá activa en Ourense por temperaturas superiores aos 36 graos entre as 15 e as 21 horas do martes. Haberá 21 concellos afectados, os mesmos que o día anterior.

Na provincia de Pontevedra estará activo o aviso amarelo entre as 21 e as 24 horas por tormentas e chuvias localmente fortes. Serán 35 concellos afectados: A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Baiona, Gondomar, Tui, Nigrán, Vigo, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Marín, Moaña, Cangas, Bueu, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meis, Poio, Meaño, Sanxenxo e O Grove.

Madrugada de treboadas

O mércores será un día marcado pola inestabilidade atmosférica debido a unha bolsa de aire frío en altura que se situará ao oeste de Galicia. Produciranse fortes treboadas durante a madrugada, co aviso amarelo activado ata as 6 horas. As zonas afectadas serán o suroeste e o oeste da Coruña, con 22 concellos: Camariñas, Vimianzo, Zas, Muxía, Dumbría, Mazaricos, Outes, Muros, Carnota, Corcubión, Cee, Fisterra, Noia, Lousame, Rois, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Ribeira.

Tamén estará acendida a alerta no litoral e no Miño de Pontevedra, zonas que abranguen 44 concellos: Pontecesures, Valga, Catoira, Caldas de Reis, Portas, Barro, Pontevedra, Pontecaldelas, Soutomaior, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Crecente, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Redondela, Vigo, Mos, O Porriño, Nigrán, Gondomar, Tui, Oia, Tomiño, Baiona, O Rosal, A Guarda, Vilaboa, Moaña, Marín, Cangas, Bueu, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Ribadumia, Meis, Meaño, Cambados, O Grove, Sanxenxo e Poio.

Segundo informa Meteogalicia, o xoves haberá unha fronte pouco activa preto de Galicia e, polo tanto, agárdanse chuvascos no oeste e temperaturas que roldarán os 23 graos en todas as cidades galegas. O venres rexistraranse precipitacións na fachada atlántica e a partir da fin de semana recuperarase a influencia anticiclónica e os días estarán marcados polo tempo seco e solleiro. As temperaturas irán aumentando de forma progresiva a partir do domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla