O aire africano disparará os termómetros a partir do domingo: así vivirá Galicia 72 horas de moita calor

Ourense acadará o luns os 36 graos de máxima e ningunha das cidades galegas baixará dos 26 durante o primeiro día da semana

Os ceos anubrados e as chuvias febles serán as indiscutibles protagonistas durante as xornadas de venres e sábado. Con máximas que non superarán os 20 graos nas cidades galegas agás en Ourense, con máis de seis graos por enriba, non serán días de praia. Non obstante, a inestabilidade dos primeiros días da fin de semana durará pouco. O domingo agárdase unha entrada de aire moi cálido procedente do norte de África, impulsada por unha DINA situada entre os Azores e Madeira, que provocará unha drástica subida dos termómetros. Ourense chegará aos 36 graos o luns e ningunha das máximas das cidades galegas baixará dos 26.

A configuración atmosférica propiciará 72 horas de moita calor en Galicia e no resto da península. Dende o xoves, unha dorsal anticiclónica situada sobre España é a responsable do tempo estable, malia que a entrada dunha fronte pouco activa traia chuvascos illados ao noroeste. Mais o fenómeno no que hai que poñer a atención e á formación dunha DINA no Atlántico subtropical que se situará entre as illas de Madeira e Azores durante a fin de semana. Ela será quen impulse unha masa de aire moi cálido procedente do norte de África que disparará os termómetros na península.

Publicidade

Non obstante, o seu movemento cara a Portugal vai propiciar cambios atmosféricos. En función de como se desprace, é probable que xere un novo episodio de fortes tormentas e, en consecuencia, se produza un alivio térmico, sobre todo a partir do mércores. De feito, así o indica o prognóstico de Meteogalicia. “Volverá a inestabilidade pola presenza de aire frío en altura que propiciará situacións de tormenta”, indican. As probabilidades de precipitación situaranse dende mércores ata venres entre un 50% e un 65%. E as temperaturas tamén experimentarán un descenso tan significativo como progresivo co avance da semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas