Unha noticia de GCiencia cae na proba de Lingua Galega da ABAU 2024

A adaptación dunha peza sobre o Samaín, publicada en outubro de 2023, é o texto central dun dos exames de acceso á universidade

A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Así comeza un dos textos incluídos nas probas ABAU 2024 na materia de Lingua Galega. O fragmento é, en realidade, a adaptación dunha noticia de GCiencia publicada en outubro de 2023 co obxectivo de afondar nunha tradición que servía para celebrar o comezo do inverno e da que acabou derivando a festa internacionalmente coñecida como Halloween. O texto incluído no exame, composto por tres parágrafos, serviu de base para a realización de preguntas sobre gramática e vocabulario, entre outros aspectos.

Máis polo miúdo, a primeira pregunta centrábase na comprensión do texto sobre o Samaín e despregaba tres apartados. O alumnado debía indicar o tema, elaborar un breve resumo e explicar o significado das palabras recolleitas, crenza, xurdiu e caveiras. Na segunda pregunta solicitábaselle aos estudantes que redactasen un artigo de opinión sobre a celebración do Samaín, incluíndo referencias á concepción da morte na sociedade actual. Tamén se formularon cuestións sobre o infinitivo conxugado, as categorías gramaticais e o campo semántico, sempre en relación co texto de GCiencia.

Publicidade

As preguntas 4, 5, e 6 xa abordaron outros aspectos relacionados tanto coa lingua como coa literatura, pero sen establecer vínculo directo co primeiro fragmento. A cuarta centrouse en analizar os prexuízos e estereotipos lingüísticos segundo un diálogo recollido nunha viñeta do ilustrador Luis Davila, así como varias preguntas sobre dialectalismos. Na quinta pregunta, centrada na educación literaria, incluíuse un texto da obra Contos por palabras de Agustín Fernández Paz, onde se lle pide ao alumnado que contextualice o fragmento e fale da relevancia da narrativa infantil e xuvenil no sistema literario galego. A última pregunta, sobre un poema da conmemorada Luísa Villalta, pide a análise das características máis representativas da peza, así como o seu contexto histórico.

O fragmento do texto de GCiencia que caeu no exame de Lingua Galega da ABAU 2024.

Podes consultar nesta ligazón o exame da ABAU 2024 de Lingua Galega.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy