Os mellores xenetistas forenses do mundo debaten en Santiago sobre últimos avances

Compostela acolle un congreso que presiden Ángel Carracedo e Victoria Lareu e que reunirá a 1.000 expertos de 62 países

Compostela acollerá dende este luns ata o venres 13 de setembro, a XXX Congreso Mundial de Xenética Forense. A inauguración, que se celebrará este martes no Auditorio de Galicia, correrá ao cargo dos presidentes do evento, Ángel Carrecedo e María Victoria Lareu. Tamén participarán o presidente da International Society for Forensic Genetics (ISFG), John Butler; os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; o consellerio de Sanidade, Antonio Gómez; ea alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. O evento reunirá a 1.000 xenetistas forenses procedentes de 62 países de todo o mundo.

Unha sede de prestixio na xenética forense

É a segunda vez que Santiago acolle esta cita de referencia para os xenetistas forenses, remontándose a primeira delas a 1995, dado o carácter bienal deste encontro.

Publicidade

Ao longo dos cinco días que durará o congreso abarcarase un amplo espectro de temas, desde os últimos avances en técnicas de perfís de ADN, ata discusións sobre as consideracións éticas que sustentan o traballo neste campo, contando para iso con destacadas personalidades na materia como: Manel Esteller (España), Carla Marshall (Estados Unidos), Maria Martinón (España), Peter Gill (Noruega), Bas Kokshoorn (Paisex Baixos), Duncan Taylor (Australia), Andreas Tillmar (Suecia) e Mariya Goray (Australia).

O presidente do Congreso, Ángel Carracedo, que actualmente é presidente da Academia Internacional de Medicina Legal (IALM), e foi presidente da ISFG de 2004 a 2008 e membro do seu equipo directivo durante 20 anos, destaca a arraigada historia de Santiago de Compostela no campo da Xenética Forense como fogar dun dos grupos máis activos neste campo: “O Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago (USC), dirixido actualmente pola profesora María Victoria Lareu é un centro de referencia a nivel mundial que liderou moitos anos a produción científica a nivel mundial neste campo. De feito, aquí formáronse moitos dos expertos que se darán cita neste encontro e analizáronse casos de moita notoriedade de moitos países do mundo. O nivel deste Congreso non fai máis que elevar aínda máis o prestixio de Santiago en medicina forense”.

Publicidade


Podes consultar o programa completo do evento na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

O proxecto Xenoma Galicia detecta 42 persoas con variantes xenéticas de risco

O programa pioneiro de cribado xenético analiza 2.504 mostras e acada unha taxa de positividade do 1,7% para enfermidades hereditarias graves

Carmen Álvarez e Ángel Carracedo, recoñecidos nos Premios Nacionais de Investigación

Dos dez galardóns que concedeu o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dous recaeron este ano en recoñecido persoal investigador da USC