Manuel Rey recibe o Premio ‘Somos Esenciais’ polo pódcast de GCiencia ‘O ano da pandemia’

O xurado valorou "a súa visión ampla' da crise santitaria, "que nos deixa un recurso atemporal do vivido nalgúns dos peores meses"

Entrega del premio 'Somos esenciais' a Manuel Rey.

O xornalista Manuel Rey Pan recibiu este venres en Santiago o Premio de Xornalismo ‘Somos Esenciais’ 2021, polo pódcast de GCiencia ‘O ano da pandemia’, publicado o 13 de marzo do pasado ano. O galardón está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) en colaboración con Gadis.

O pódcast foi distinguido por “abordar a pandemia nun formato que está cada vez máis en valor nos medios de comunicación e pola súa visión ampla da pandemia que nos deixa un recurso atemporal do vivido nalgúns dos peores meses” da crise sanitaria por coronavirus.

O xurado do premio, que acordou premiar o traballo de GCiencia por unanimidade, estivo integrado nesta edición por Isabel Bravo Francos, Antía González Paredes, Francisco X. González Sarria, Darío Janeiro Pereira, Belén Regueira Leal, Lucía Rodríguez Peña, Ana Isabel Rodríguez Vázquez e Cristina de la Vega Jiménez.

Visión ampla da pandemia

Os expertos valoraron a importancia deste traballo por “abordar a pandemia nun formato que está cada vez máis en valor nos medios de comunicación e pola súa visión ampla da pandemia, que nos deixa un recurso atemporal do vivido nalgúns dos peores meses” da crise sanitaria por coronavirus.

En febreiro de 2018, a Organización Mundial da Saúde advertiu dunha pandemia que aínda non existía. Así comeza o pódcast galardoado, que se estreou para conmemorar o primeiro aniversario da pandemia. Nel participaron investigadores que seguiron de primeira man a crise sanitaria. A peza, escrita e producida por Manuel Rey, contou coa participación de Juan Gestal, María José Pereira, José Gómez Rial, África González, José Antonio Taboada, Mariano Esteban, José Martínez Costas, Sonia Villapol e Santiago Lago Peñas. Ademais, o pódcast está dipoñible en Ivoox e Spotify.

O acto abriuno o decano do Colexio de Xornalistas, quen considerou os premios “esenciais como as nosas profesións” e que este ano aumentaron a participación, con 19 traballos presentados dos que destacou a súa valía. Francisco González Sarria expresou a vontade do Colexio de que o galardón “continúe a medrar” e se abra a abordar outras temáticas.

Tras recibir o diploma que o acredita como gañador do premio, Manuel Rey agradeceu ao Colexio de Xornalistas e a Gadis que fagan posíbel este premio un ano máis, posto que “a incerteza da pandemia xa pasou, pero estamos en tempos de confusión e rebumbio”, polo que “desde o xornalismo temos unha responsabilidade tremenda por trasladar á xente todo aquilo que acontece”.

Servizo público

A cerimonia contou coa presenza do decano do Colexio de Xornalistas e de Melisa Pagliaro Fernández, directora de Márketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa. No mesmo acto entregarase a mención como finalistas a Elena Martín, Pablo Santiago, Ruben Martins e a colaboradora de GCiencia Sofía Caamaño Deus, autores da reportaxe ‘Pechar a fronteira foi como pechar a fiestra da casa’, publicada no dixital Xarda e no xornal portugués Público.

O Premio de Xornalismo ‘Somos Esenciais’, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, corporación de dereito público que representa aos xornalistas galegos, coa colaboración con Gadis, naceu en 2021 para reivindicar o labor das e dos profesionais da comunicación durante a pandemia, e recoñece o traballo xornalístico máis salientábel dende o punto de vista informativo e de servizo público.

Na súa primeira edición, resultou gañadora a xornalista Isabel Bravo co traballo ‘Cando as preguntas aínda non tiñan resposta’, emitida na Radio Coruña – Cadena SER. Concedeuse tamén unha mención especial como finalista á reportaxe ‘La uci del covid, desde dentro: `No somos héroes’, publicada por Ángel Paniagua en La Voz de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.