GCiencia recibe a mención “Periodismo e Divulgación Científica”

Os Museos Científicos Coruñeses e INIBIC entregan a distinción ao abeiro da XII Reunión de Mozos Investigadores no Estranxeiro, celebrada no DOMUS da Coruña

Gciencia recolle a mención a Periodismo e
Gciencia recolle a mención a Periodismo e "Divulgación Cinetífica". Paula Castiñeira

GCiencia recibiu este mércores a mención especial “Periodismo e Divulgación Científica” ao abeiro da XII Reunión de Mozos Investigadores no Estranxeiro. Un evento organizado polo Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC) e os Museos Científicos Coruñeses co obxectivo de darlle visibilidade aos investigadores máis novos e potenciar o seu retorno a Galicia. Durante o acto, celebrado no DOMUS de A Coruña, fíxose entrega da mención especial a GCiencia “polo gran labor en divulgación e xornalismo en lingua galega”.

O evento, que se vén celebrando dende o ano 2010, deu comezo ás 9,30 horas coa benvida do reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xulio Abalde, co concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Jesús J. Celemín, e coa coordinadora do Comité Organizador e do Comité Científico, María D. Mayán, tamén directora do grupo CellCOM do INIBIC. A continuación celebráronse unha serie de relatorios por parte de investigadores galegos que residen no estranxeiro, e que abordaron asuntos tan diversos como a contaminación ambiental, a actividade neuronal ou a materia escura.

Premios e mencións

Arredor das 14,00 deu comezo a entrega de premios e mencións. O primeiro galardón, o “Ángeles Alvariño” á mellor traxectoria profesional distinguiu a Mateo Sánchez López, doutor en Química pola USC, autor de máis de 30 artigos científicos en revistas de prestixio internacional e, ademais, traballou como investigador no MIT de Stanford e no Imperial College de Londres.

O segundo galardón, que premiou o traballo con maior impacto social, foi para José Ángel Nicolás Ávila, doutor en Bioloxía que actualmente traballa no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC). O traballo premiado neste evento afondaba na presenza dunha poboación abundante de células inmunitarias no corazón que contribuían a manter a saúde e o bo funcionamento dos cardiomiocitos. O terceiro premio, antes de facer entrega das mencións, enxalzaba a mellor traxectoria profesional “Científica xove menor de 35 anos”. A galardoada foi Cintia Folguera Cobos, tamén bióloga e actual investigadora no CNIC.

Coordinadores da gala xunto con premiados e participantes.
Coordinadores da gala xunto con premiados e participantes.

A continuación fíxose entrega das mencións especiais. En total, cinco distincións: “Ciencia e Muller 2021”, entregada a Amparo Alonso; “Promoción da Ciencia”, entregada aos comités de empresa das Fundacións Biomédicas de Galicia; “Mulleres en Igualdade”, entregada a Susana Ladra e Verónica Bolón,  “Talento Xove e Innovador”, entregada a Ana Freire; e “Periodismo e Divulgación” entregada a GCiencia polo seu labor xornalístico e de difusión de contidos científicos.

Durante a recollida da mención, dende Gciencia salientouse “o imprescindible que é a ciencia nun contexto de pandemia, e iso pasa por darlle voz aos investigadores e investigadoras”. Na clausura do acto, Xulio Abalde salientou o papel “fundamental” que desenvolve Gciencia na divulgación e no xornalismo científico, desempeñando un gran traballo para que a sociedade estea en contacto coa ciencia. Palabras que tamén suscribiu a organizadora María Mayán na súa intervención, xunto cun alegato para reivindicar que se invista máis en ciencia, xa que Galicia inviste menos do 1% do PIB.

Os galardóns

Amais desta mención, GCiencia tamén foi distinguido en 2019 co Prisma ao Mellor Novo Medio, o premio da divulgación científico de maior prestixio en España. Ao longo da súa traxectoria, iniciada en novembro de 2013, conseguiu outros galardóns como o de Xornalismo Dixital do Foro da Comunicación de Galicia (2015), o Galicia de Xornalismo Científico da Real Academia Galega de Ciencias (2017), o Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores de Normalización dá Lingua (2019) e o Rosalía de Castro de Cultura Galega que outorga a Deputación da Coruña (2019), ademais de resultar finalista dos Premios da Crítica de Galicia ou da feira de actividades culturais Culturgal.

Galardóns

  • XLIII Premio da Crítica de Galicia. Iniciativas científicas e culturais.
  • Prismas 2019. Premio de maior prestixio en España á divulgación científica. Mellor Novo Medio.
  • Rosalía de Castro 2019. Concedido pola Deputación da Coruña pola contribución de GCiencia ao uso do idioma galego
  • Premio de Xornalismo Dixital 2015. Concedido polo Foro da Comunicación de Galicia
  • Mil Primaveras 2019. Concedido pola Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística polo uso do galego.
  • Premio Galicia de Xornalístico Científico 2017. Concedido pola Real Academia Galega de Ciencia pola reportaxe A ataxia SCA36, o mal sen cura da Costa da Morte
  • Premio Iprox 2013. Concedido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ao proxecto GCiencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.