Galicia ten maior porcentaxe de científicas contratadas que a media española

Un mapa do Eurostat reflicte que o 52,3% de persoas empregadas en ciencia e tecnoloxía no noroeste peninsular son mulleres

A porcentaxe de mulleres empregadas en ciencia e tecnoloxía de Galicia é maior que a media de España. Así o reflicte un mapa interactivo publicado polo Eurostat —o portal europeo de estatísticas e datos— no que se pode ver a proporción de científicas traballando en diferentes rexións. No caso do noroeste peninsular, que Galicia comparte con Asturias e Cantabria, a cifra é dun 52,3% asalariadas neste eido. Este dato supera a outras rexións como Cataluña e Valencia, cun 50,2% ou Andalucía e Murcia, cun 49,6%.

En Europa, dos 78,3 millóns de persoas empregadas en ciencia e tecnoloxía en 2023, o 52% eran mulleres, segundo datos do Eurostat. Cifra que non variou nos dous últimos anos. O mesmo informe explica que o seu traballo se desenvolve máis en actividades de servizo —cun 57% de mulleres— que en investigación ou desenvolvemento tecnolóxico en si —un 48%—. A cifra total de traballadores nestes eidos aumentou nos últimos 10 anos nun 25%, sendo en 2013 62,5 millóns.

Publicidade

Malta, á cola

Por rexións, as maiores proporcións de mulleres empregadas en ciencia e tecnoloxía atopámolas en Lituania e Letonia. Ambos os países albergan un 63% de traballadoras. Despois, varias áreas do leste de Alemaña, en concreto, Sajonia-Anhalt ten un 62%. Pola contra, en catro rexións de Italia rexístranse porcentaxes dun 46% e 47% e, na cola, Malta rexistra un 45%.

O informe do Eurostat tamén resalta que o subgrupo de científicos e enxeñeiros, aqueles que “se dedican a utilizar ou crear coñecementos científicos e principios de enxeñería e tecnoloxía”, aumentou nun 4,8% en comparación con 2022. Acorde aos seus datos, Alemaña empregou o maior número de traballadores destes eidos de todos os países da Unión Europea. Estímase que foron máis de 3,9 millóns de persoas entre 15 e 74 anos.

Publicidade

Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica