Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de falecidos por incendios en vivendas

Un informe rexistra 16 pasamentos por lume nos fogares en 2023, con outubro e novembro como meses con máis vítimas mortais

Galicia é a segunda comunidade autónoma coa maior taxa de falecidos por incendios en vivendas por millón de habitantes en 2023, acadando un 5,93 e só superada por Estremadura. En total, rexistráronse 16 vítimas mortais das que sete foron homes e nove, mulleres.

Así o recolle o informe Vítimas de Incendios en España en 2023 realizado pola Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB) que foi presentado este luns xunto a un Atlas Virtual de Vítimas de Incendios; unha ferramenta que dixital que axuda a xestionar toda a información obtida nos estudos deste eido.

Publicidade

No que respecta a Galicia, o informe expón que os meses máis tráxicos para a comunidade foron outubro ―con catro vítimas― e setembro ―con tres falecidos―. Ademais, detalla que o día con maior número de mortes foi o mércores ―con seis pasamentos― e a franxa de hora máis fatídica foi entre as 20 horas e 8 horas, con 11 falecidos.

Así mesmo, o grupo de idade con máis vítimas na vivenda foi o situado entre os 10 e 14 anos, xa que morreron tres rapaces durante o 2023.

Publicidade

Malia isto, os expertos apuntan a que “estes datos deben valorarse con moito coidado, xa que as comunidades autónomas con menos poboación, un mínimo cambio no número de falecidos pode alterar de modo importante as taxas poboacionais e a posición”, aseguran.

Deste xeito, e segundo o mesmo informe, as vítimas mortais en vivenda en Galicia foi crecendo ano a ano. En 2018 foron rexistradas 3 mortes; en 2019, 7; en 2020, 5; en 2021, 12 e en 2022, 13 foron as persoas falecidas nestas circunstancias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro