Matemáticos galegos empregan algoritmos para analizar a recorrencia dos incendios

Un proxecto do CITMAga procura mellorar a xestión dos labores de extinción nos lumes grazas ao emprego de mapas de calor e de risco

Poñer ao servizo da natureza todo o coñecemento matemático para avanzar na xestión dos incendios forestais e na seguridade das operacións de extinción. Este é o obxectivo dos investigadores do CITMAga, o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia, dentro dun proxecto que conta coa colaboración de Avincis, o maior operador europeo de servizos de emerxencia e extinción de incendios. Á experiencia de Avincis súmase a dilatada traxectoria do equipo galego no desenvolvemento de algoritmos matemáticos, estatísticos e computacionais que axuden a mellorar a xestión dos incendios forestais.

Neste novo marco, e segundo a investigadora da USC María José Ginzo, tentarán crear “novos algoritmos específicos para optimizar a detección do perímetro dos incendios, mellorar a planificación de medios aéreos e a detección combinada de posicións de aeronaves e brigadistas”. Os científicos galegos tamén lograron mellorar outros algoritmos desenvolvidos previamente para analizar a recorrencia de incendios, así como o cálculo da eficiencia das descargas de auga.

Publicidade

Mapas de calor e de risco

Os novos algoritmos abranguen a creación de mapas de calor e mapas de risco, a detección en tempo real do perímetro do incendio, a estimación das traxectorias das aeronaves e o desprazamento do incendio, así como a planificación óptima de recursos aéreos. “Todo iso está deseñado para optimizar a resposta fronte os incendios, mellorar a eficiencia dos recursos e aumentar a seguridade das intervencións”, destaca a investigadora.

Imaxe da evolución dun incendio en Galicia, dende antes da orixe do lume ata 1080 días despois. Foto: CITMAga.

Os resultados destes proxectos serán clave para o desenvolvemento de tecnoloxías que optimicen os esforzos na extinción de incendios. Isto permitirá diminuír a extensión das áreas afectadas, incrementar a seguridade dos equipos de brigadas, mellorar a coordinación durante as operacións de extinción, ampliar o tempo dispoñible para intervir e engadir novos recursos aéreos na loita contra grandes incendios forestais. Ademais, lograrase reducir os custos de investimento.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia