Nobel de Medicina por un descubrimento fundamental na regulación dos xenes

Victor Ambros e Gary Ruvkun foron os primeiros en vencellar o microARN e coa diferenciación das células, un achado de grande relevancia para entender a evolución dos organismos complexos

A Asemblea Nobel decidiu outorgar este luns o galardón do Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía en 2024 a Victor Ambros e Gary Ruvkun polo descubrimento do microARN e o seu rol na regulación xénica postranscripcional, un principio fundamental que rexe a regulación da actividade dos xenes.

A información almacenada nos nosos cromosomas pode compararse a un manual de instrucións para todas as células do corpo. Cada célula contén os mesmos cromosomas, polo que cada célula tamén recompila o mesmo conxunto de xenes e o mesmo conxunto de instrucións. Con todo, temos diferentes tipos de células, como as musculares e as nerviosas, que teñen características moi distintas.

Publicidade

Cada célula ao seu

Como xorden estas diferenzas? A resposta está na regulación dos xenes, que permite a cada célula seleccionar só as instrucións pertinentes para cumprir coas súas funcións esenciais. Isto garante que só o conxunto correcto de xenes poida activarse en cada tipo de célula.

Victor Ambros e Gary Ruvkun interesáronse por como se desenvolven os distintos tipos de células. Foi así como descubriron o microARN, unha nova clase de diminutas moléculas de ARN que exercen un papel crucial na regulación xénica.

Publicidade

O seu revolucionario descubrimento revelou un principio completamente novo de regulación xénica, que resultou ser esencial para os organismos pluricelulares, incluídos os humanos. Agora sábese que o xenoma humano codifica máis de mil microARN. Na actualidade, os microARN están a demostrar a súa importancia fundamental para o desenvolvemento e o funcionamento de todo tipo de organismos.

Os primeiros achados

A regulación xénica por microARN, revelada por primeira vez por Ambros e Ruvkun, estivo funcionando
durante centos de millóns de anos
. Este mecanismo permitiu a evolución de organismos cada vez máis complexos.

Sabemos pola investigación xenética que as células e os tecidos non se desenvolven normalmente sen microARN, e o seu impacto vai moito máis aló: unha regulación anómala do microARN pode contribuír ao cancro, e atopáronse mutacións en xenes que codifican microRNAs en humanos, causando enfermidades como a perda conxénita de audición e trastornos oculares e óseos.

As mutacións nunha das proteínas necesarias para a produción de microARN provocan a síndrome DICER1 vencellada ao cancro en diversos órganos e tecidos.

Victor Ambros (1953, New Hampshire, EEUU) doutorouse no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), onde tamén realizou a súa investigación postdoutoral entre os anos 1979 e 1985. Despois converteríase en Investigador Principal na Universidade de Harvard. Tamén exerceu como Profesor na Facultade de Medicina de Dartmouth entre 1992 e ata 2007. Na actualidade traballa como Profesor na Facultade de Medicina da Universidade de Massachusetts.

Gary Ruvkun (1952, Berkeley, EEUU) doutorouse na Universidade de Harvard a comezos dos anos 80. Durante moito tempo traballou como bolseiro no MIT, ata que no 1985 converteuse en Investigador Principal na mesma institución e en Harvard, onde segue exercendo como catedrático de Xenética.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade