Setembro comeza con alerta por treboadas na meirande parte de Galicia

Todas as comarcas interiores estarán en nivel amarelo a partir das 15 horas e ata a medianoite, por previsións de tormentas eléctricas e choivas fortes

A formación dunha depresión illada en niveis altos (coñecida como DANA, polas súas siglas en castelán) vai alterar o tempo en Galicia nestes primeiros días de setembro. Xa na tarde do martes se produciron treboadas no sur da provincia da Coruña e a confluencia das de Pontevedra e Ourense, así como nas montañas orientais. Porén, segundo avanzan MeteoGalicia e AEMET, o aviso de nivel amarelo por tormentas estenderase hoxe a todo o interior do país. Apenas se libran do aviso as comarcas costeiras, aínda que tampouco se descarta nelas a aparición de chuvascos tormentosos.

Segundo explican desde MeteoGalicia, a DANA, con aire frío en altura, chegará desde o Atlántico. Isto, sumado ás altas temperaturas en superficie, que hoxe se achegarán aos 30ºC en moitas zonas, xerarán unha situación de inestabilidade que se estenderá a partir de mediodía a todo o territorio galego e afectará tamén á meirande parte da península.

Publicidade

Así, antes das 10 da mañá do mércores 1 de setembro xa se superaran os 15 litros por metro cadrado na estación de Viana do Bolo. As  Na tarde do martes, as treboadas acompañadas de chuvia e, puntualmente, de sarabia, provocaron que caesen ata 29,4 litros en Amiudal (Avión), 26,4 en Ourense ou 21,8 en Cequeliños (Arbo).

Foi tamén destacable o número de raios detectados pola rede de MeteoGalicia. Máis de 1.600 se detectaron durante o martes, principalmente a partir das 14 horas.

Publicidade

Para o xoves 2 de setembro, MeteoGalicia mantén o aviso amarelo, aínda que localizado en todo o interior de lugo e o leste de Ourense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla