932 mortos máis por coronavirus en 24 horas en España

Segundo datos de Sanidade, son 10.935 os decesos desde o inicio da crise sanitaria e hai 117.710 contaxiados

O esperado ‘pico’ da incidencia do coronavirus en España está a converterse nunha alta meseta, na que por sétimo día consecutivo se rexistran máis de 800 mortes diarias. O Ministerio de Sanidade vén de informar dun primeiro lixeiro retroceso da semana no número de mortos con 932 falecidos en 24 horas, pero se supera a Italia en contaxios.

Segundo datos de Sanidade, son 10.935 os decesos desde o inicio da crise sanitaria. Hai 117.710 contaxiados e máis de 30.000 curados. Máis de 56.000 pacientes foron hospitalizados.

Publicidade

No mundo, máis dun millón de persoas contaxiáronse de coronavirus e máis de 53.000 morreron, segundo o reconto diario da Universidade Johns Hopkins. Estados Unidos marcou este xoves un récord mundial na cifra de falecidos por coronavirus nun día. Nas últimas 24 horas, os decesos foron polo menos 1.169, o que eleva o total de vítimas mortais no país a 6.057, mentres que os contaxios soben a máis de 245.000, tras sumar outros 30.000 positivos.

Curva do positivos por coronavirus en España acumulados por días. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Alemaña superou este venres os mil mortos e suma 79.696 positivos. En Italia, fontes do Goberno xa falan de estender a corentena ata o vindeiro 2 de maio, aínda que o presidente de Protección Civil do país transalpino, Angelo Borrelli, dixo na radio italiana que o confinamento podería chegar alí ata o 16 de maio.

Publicidade

O aumento de casos de Covid-19 concéntrase en Lugo e Ourense

Na India, a preocupación é máxima, nun dos países máis poboados do mundo e con serias carencias en materia sanitaria. O coronavirus chegou ao asentamento chabolista de Dharavi, un suburbio de Bombai considerado a área chabolista máis grande de Asia, cun millón de persoas. O mércores rexistrouse o primeiro caso e a primeira morte por coronavirus. Ata o momento, India confirmou 2.536 casos de contaxio e 72 mortes por coronavirus.

 

Aquí podes consultar os datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade