O oso que aproveitou a corentena para saír polos Ancares

Gravan preto do Mustallar, entre Lugo e León, un exemplar de "Ursus arctos", que nos últimos anos está a recuperar a súa poboación

O confinamento da poboación en boa parte do planeta debido á crise do coronavirus está a permitir, nalgúns casos, que os animais salvaxes poidan circular por algunhas zonas nas que a presenza humana era un obstáculo. Un dos exemplos puido verse nos últimos días de marzo nas montañas de Ancares, entre Lugo e León. Alí, un veciño da zona puido gravar a un oso pardo (Ursus arctos) na vertente do pico Mustallar que cae ata a aldea de Burbia (León). O oso, especie que chegou a acadar unha situación crítica nos anteriores lustros nas serras de Ancares e O Courel, están a recuperar as súas poboacións nestas zonas debido ás medidas de protección e conservación tomadas nestes lugares.

Os dous vídeos nos que se pode ver o oso foron difundidos desde a conta de Facebook da casa de turismo rural O Crego, situada na aldea de Vilaquinte. Unha das súas responsables, Macu, conta que as imaxes foron enviadas por un veciño da zona que se atopou co úrsido nos días pasados cando pastoreaba o gando.

Publicidade

Nos últimos anos, o oso pardo está a dar sinais de recuperación na montaña lucense. Os proxectos como Life Oso Courel, encabezados pola Fundación Oso Pardo, buscan concienciar á poboación da zona das oportunidades que a presenza do animal ten nestas zonas, como xa acontece noutras áreas da cordilleira cantábrica, como Somiedo (Asturias). Nos últimos catro anos, segundo as informacións facilitadas pola Fundación, houbo un total de 132 rexistros da especie nos termos municipais de Folgoso do Courel, Quiroga, Pedrafita do Cebreiro, Samos, Triacastela, As Nogais, Pobra de Brollón e Ribas do Sil, que se suman ás aparicións esporádicas de exemplares máis ao norte, en municipios como Cervantes ou Navia de Suarna.

Desde a propia casa O Crego, segundo salienta Macu, teñen atopado en varias ocasións as pegadas do oso en zonas próximas á aldea.

Publicidade

Así se prepara O Courel para a volta do oso pardo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

Caza variada e clima moi frío: así era a vida nas Serras Orientais galegas hai 18.000 anos

Un estudo da USC analiza restos de fauna atopados en Valdavara 1, unha cavidade que foi ocupada de forma intermitente por cazadores-recolectores e outros depredadores

O declive de árbores que producen froitos secos ameaza a supervivencia do oso pardo

O profesor da USC Emilio Díaz Varela asina un estudo que combina modelos de distribución de especies con proxeccións climáticas ata o ano 2100