Galicia, en sétimo lugar nas probas de diagnóstico por 1.000 habitantes

O Ministerio de Sanidad actualiza a cifra con datos do 30 de abril, despois de que o Sergas iniciara o seu propio estudo epidemiolóxico

O Ministerio de Sanidad actualizou este domingo unha das informacións relevantes para analizar a reacción de cada comunidade autónoma na contención da epidemia da Covid-19: as cifras de probas realizadas, tanto a través da técnica de detección PCR como a través dos tests de anticorpos, que detectan a resposta inmune nos organismos que estiveron expostos ao SARS-CoV-2. É a primeira cifra oficial (alén das facilitadas verbalmente nas comparecencias de prensa do presidente da Xunta) despois do comezo do estudo epidemiolóxico do Sergas que tomará mostras de sangue de 100.000 persoas para estudar a circulación do virus no país. O dato de Sanidad, que inclúe as probas da enquisa, fan subir a Galicia ao sétimo lugar no número total de probas, con 55,72/1.000 habitantes, fronte ao oitavo no que se situaba nos datos do 23 de abril, cando sumaba 35,71.

Deste xeito, no tocante á suma dos dous principais tipos de análises en relación á poboación, Galicia está por riba da media española (41,03) e por detrás de La Rioja, Navarra, País Vasco, Castilla y León, Asturias e Cantabria.

Publicidade

En canto ás probas PCR, Galicia, cunha cifra de 38,14, está tamén no 7º lugar e 10 puntos por riba do promedio de todo o territorio estatal (38,14). Precédena as mesmas comunidades que na suma dos dous tipos de probas, agás que Castilla y León está por debaixo e Madrid por riba.

No caso dos tests de anticorpos, cifra na que se inclúen os máis de 35.000 análises que se levan feito ata agora no marco do estudo epidemiolóxico do Sergas, Galicia (17,58 tests/100.000 habitantes) sitúase no 9º lugar, tras La Rioja, Navarra, Castilla-La Mancha, Melilla, Castilla y León, País Vasco, Ceuta e Asturias, e tamén por riba da media de España (12,34).

Publicidade

Os datos achegados por Sanidad inclúen tamén as cifras totais, que se poden consultar nesta táboa. No caso de Galicia, o número de probas PCR recollidas por Sanidad é meirande que o que achegou a Xunta de Galicia o 30 de abril, cando informaba de 96.095.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte

Un equipo galego lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico da covid persistente

O CiQUS desenvolverá ferramentas baseadas en proteínas que melloren a diagnose da enfermidade e avalíen a súa gravidade biolóxica

Galicia lidera un avance médico para mellorar o prognóstico do alzhéimer

Un estudo internacional, con participación do IDIS e CiMUS, valida unha técnica de imaxe capaz de identificar con maior precisión quen desenvolverá deterioro cognitivo