Xoves 28 Marzo 2024

Galicia, oitava comunidade en número de probas de coronavirus por habitante

O Ministerio de Sanidad publica por primeira vez a cifra de probas realizadas pola técnica PCR e a través da detección de anticorpos

Case dous meses despois do comezo da crise do coronavirus, o Ministerio de Sanidad difundiu este luns os primeiros datos completos sobre un dos indicadores relevantes á hora de enfrontarse á crise: o número de probas diagnósticas da infección que realizan as comunidades autónomas. A pesar das reiteradas peticións de medios de comunicación e cidadáns, non se difundiran ata hoxe. Foi a través dun informe da OCDE, que segundo afirmou nun primeiro momento Sanidad, “sitúa a España no oitavo posto entre os países que máis test realizaron á poboación”. Porén, un erro na notificación dos datos levou á OCDE a actualizar a información, o que sitúa a España en 17º lugar, xa que a primeira versión da táboa incluía os dous tipos de probas (PCR e anticorpos) no caso de España, mentres que o resto dos países recollían só as PCR.

O documento analiza o papel dos test PCR e os serolóxicos (detección de anticorpos) no control da pandemia, e inclúe por primeira vez os datos totais de España e as súas comunidades autónomas, entre elas Galicia.

Publicidade

Neste sentido, Galicia sitúase lixeiramente por riba da media española en case todos os indicadores por habitante. En termos absolutos, realizou (os datos corresponden ao pasado xoves 23) 81.201 probas PCR de diagnóstico molecular e 14.630 tests de anticorpos, nos que se inclúen os de dobre banda adquiridos pola Xunta de Galicia e os de anticorpos totais enviados polo Goberno español, que están sendo usados para o estudo epidemiolóxico do Sergas. O documento non aclara, con todo, cantos casos se diagnosticaron a través de cada técnica.

Así, Galicia é a oitava comunidade na taxa de probas por habitante, con 35,51. A rexión que máis probas está a facer en relaicón á súa poboación é La Rioja (80,3), seguida de Castilla y León, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Madrid.

PCR e anticorpos por habitante

En termos relativos, ao vincular o número absoluto á poboación de cada comunidade autónoma, Galicia é a sexta comunidade que máis PCR realiza por cada 1.000 habitantes (30,09), por detrás de La Rioja, Asturias, Cantabria, País Vasco e Madrid, mentres que en termos absolutos é a cuarta, por detrás de Madrid, Cataluña e Comunidad Valenciana.

O único indicador no que Galicia está por debaixo da media española é no de tests de anticorpos por habitante. Fixéronse 5,42/1.000 hab., o que sitúa á comunidade galega no 12º posto, por riba de Madrid, Illes Balears, Comunidad Valenciana, Aragón, Murcia, Cataluña e Canarias.

A información do Ministerio de Sanidad revela por tanto que en España realizáronse 28,6 probas por cada 1.000 habitantes. En total, de todas as probas realizadas, 1.035.522 son test de PCR e 310.038 test de anticorpos, segundo os datos achegados polas Comunidades Autónomas.

Desde o inicio da epidemia, o Ministerio de Sanidade repartiu aos gobernos autonómicos un total de 2.802.400 test de anticorpos. En total, adquiríronse 5 millóns de unidades, cuxa distribución se completará nos próximos días. A Galicia enviáronse ata agora, segundo informou a Delegación do Goberno, un total de 148.800.


Máis información: Testing for COVID-19: A way to lift confinement restrictions (en inglés, ver PDF).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.