Luns 29 Abril 2024

Galicia rexistra 159 altas, 44 novos casos e seis falecementos por Covid-19

A comunidade volve estar por riba da media española respecto á incidencia acumulada nos últimos 14 días, un dos indicadores clave da crise

O Ministerio de Sanidad e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade actualizaron este luns os datos da epidemia de Covid-19 en Galicia, correspondentes ao intervalo entre a noite do sábado e o domingo, momento no que se pechan as cifras difundidas ao día seguinte. Segundo Sanidad, que informa dos novos casos notificados mediante proba PCR nas últimas horas, Galicia informou de 44 positivos, o que sitúa á comunidade cunha incidencia acumulada nos últimos 14 días (suma de novos casos/100.000 habitantes) de 55,68, fronte ao 50,99 da media española. Con todo, esta incidencia está baixando notablemente nos últimos días. Ademais, informa o Ministerio de 159 novos ‘curados’ e seis falecementos, tal e como constatan neste último caso os datos da Consellería de Sanidade.

Respecto aos casos activos, Sanidade informa de que están a ser atendidas 3.056 persoas (131 menos có domingo), as consideradas como casos activos. Por áreas sanitarias, estase seguindo a 740 persoas na área da Coruña-Cee, 223 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 588 na de Ourense-Verín-O Barco, 182 na de Pontevedra-Salnés, 715 na área de Vigo, 468 na de Santiago-Barbanza, e 140 na de Ferrol.

Publicidade

Despois dos cambios de criterio da semana pasada, a través dos que se acelerou o número de ‘curacións’ debido á concesión de altas hospitalarias e epidemiolóxicas, a situación por cada área queda deste xeito.

Situación dos casos activos

No tocante á situación hospitalaria, baixan lixeiramente os ingresos en UCIs e noutras unidades. As modificacións da semana pasada fixeron baixar tamén en boa medida as cifras de ingreso dos considerados como casos activos de Covid-19 debido ás altas epidemiolóxicas. Debido a isto, un paciente que dá negativo nunha proba PCR do coronavirus despois de ser positivo pasa a saír da listaxe de casos activos aínda que poida seguir ingresado no hospital.

Ademais, segundo o Ministerio, oito persoas foron ingresadas entre a noite do sábado e o domingo en Galicia debido á Covid-19. Esta é a situación actual.

Respecto a toda a serie, os casos confirmados mediante PCR volven superar os 9.000, situándose en 9.011, aínda que os positivos detectados en Galicia, mediante a suma dos casos activos, as altas e os falecidos ascende a 9.859, polo que se terían detectado ata o momento 848 casos mediante tests de anticorpos, que non é posible situar na liña temporal xa que, como aclarou o director do Centro de Coordinación y Alertas Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, poden tratarse de “infeccións previas pero non activas” no momento da confirmación.

Residencias

No tocante ás residencias de persoas maiores ou con discapacidade, seguen considerándose casos activos os de 563 usuarios e 295 profesionais, o que supón o 28,07% do total en Galicia. Ademais, faleceron ata o momento 256 usuarios destes centros, o que supón un 44,9% de todas as vítimas da Covid-19 en Galicia. 129 delas morreron en residencias, e 127 en hospitais ou as consideradas como ‘residencias integradas’ pola Xunta. Durante o domingo faleceron dous novos usuarios nos propios centros, un na Santa Teresa Jornet da Coruña e outro na Divino Maestro de Ourense. Ademais, outro usuario morreu en hospital ou residencia integrada. En total, foron seis mortes máis entre a noite do sábado e o domingo.

O pasado venres a Consellería de Sanidade tamén informou de que se fixera unha revisión clínica de cinco casos, confirmados nun primeiro momento como falecementos por Covid-19, que se retiraron da serie ao ter PCR negativa.

Esta é a situación actual en España:

E no mundo:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica