Récord de positivos na pandemia en Galicia con 770 novos casos

A área de Vigo rexistrou máis de 200 casos positivos nas últimas 24 horas, a primeira vez que se alcanza esta cifra nunha área sanitaria

As novas da pandemia do coronavirus son moi negativas para Galicia, que hoxe bateu o récord de positivos detectados nunha nova xornada. Se, hai sete días, a cifra de 690 contaxios levaba a tomar novas restricións, hoxe volve marcarse un máximo histórico con 770 novos confirmados, que fan que o número de casos activos chegue a 8.762.

Na web de datos do Sergas aparecen nas últimas 24 horas 755 casos de Covid-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (36.572) e o de onte (35.802) é de 770 persoas.

Publicidade

Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 770 novos casos de SARS-CoV-2, 8 falecementos e 363 altas, o que fai que o número de casos activos ascenda en 399 persoas, pasando das 8.363 de onte ás 8.762 de hoxe.

Evolución por datas da incidencia da pandemia en Galicia.

A única boa noticia dos datos de hoxe é que o número de hospitalizados baixa lixeiramente, e de feito por segundo día consecutivo, pasando dos 476 de onte a 474 hoxe. O total de casos de coronavirus en Galicia desde o inicio da pandemia é de 36.572.

Publicidade

Vigo continúa a ser a área sanitaria máis afectada e hoxe case alcanza os 2.000 casos activos, con 1.924 (+166). Séguelle A Coruña con 1.473 casos (+41), Ourense con 1.397 (+3), Santiago con 1.349 (+27), Pontevedra con 918 (+19), Lugo con 894 (+93) e Ferrol con 807 (+50).

As cifras da pandemia están a bater récords en Galicia nas últimas semanas.

Ademais, Vigo bate o seu récord de contagios con 215, sendo ademais a primeira vez que unha área sanitaria supera os dous centenares de contagios nun só día. Lugo tamén chama a atención ao superar os 100 contagios nunha soa xornada, cando parecía que esta área sanitaria era a que mellor progresaba.

Novos contagios por áreas sanitarias:
A Coruña: 132
Ferrol: 66
Lugo: 121
Ourense: 92
Pontevedra: 53
Santiago: 91
Vigo: 215
Total: 770

O total de falecidos en Galicia chega aos 910 tras 8 decesos comunicados onte, facendo que o total de mortes nesta nova onda sexa de 291. O número de hospitalizados é de 474, distribuídos en 69 pacientes de UCI e 405 en unidades de hospitalización. O total de probas PCR realizadas é de 682.669, 10.234 no día de onte e cunha positividade do 7,52%.

Esta semana xa se rexistraron de luns a sábado 3.966 casos de coronavirus, máis que os 2.923 dos seis primeiros días da anterior, e que os 3.530 de toda a semana, polo que xa é a peor desde o inicio da pandemia.

Aquí podes consultar os últimos datos facilitados polo Sergas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

A poboación de píllara das dunas mostra unha tendencia positiva e acada a cifra máis alta dende 2014

A Consellería de Medio Ambiente contabiliza 93 parellas reprodutoras da especie vulnerable en 25 praias galegas

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións