Galicia só ten 25 casos activos máis de coronavirus que o martes

Aínda que se detectaron 207 novos casos, concedéronse 112 altas que contribúen a frear o número de persoas que están a ser atendidas pola doenza

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade achegou na tarde deste mércores os últimos datos sobre a situación da epidemia do coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia. Cos datos pechados na noite do martes, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 5.460. Son só 25 máis có día anterior, ao constatarse 207 novos positivos confirmados fronte a 112 altas e os 20 falecementos rexistrados nas últimas horas.

Publicidade

Destes casos activos, 1.138 son da área da Coruña-Cee, 566 da de Lugo-A Mariña-Monforte, 1.001 da de Ourense-Verín-O Barco, 460 da de Pontevedra-O Salnés, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Santiago-Barbanza e 318 da de Ferrol. Vigo, con 28 positivos menos respecto ao martes, representa a maior baixada de casos activos Tamén caeron en Pontevedra ( de 466 a 460). E Ourense, despois de varios días dun aumento notable de casos, frea tamén a súa tendencia. Así evolucionou a situación en cada área nas últimas dúas semanas:

Do total de pacientes positivos, 158 permanecen en UCI (4 menos que respecto ao día anterior, e un 2,89% dos casos activos), 835 están en unidades de hospitalización (75 menos e un 15,29%) e 4.467 no domicilio, dos que 781 son usuarios de residencias de maiores (104 máis e un 81,81%). Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos. A cifra de mortes difundida por Sanidade volve incluír as persoas falecidas en residencias de maiores que deron positivo nas probas de coronavirus, e que durante varios días ofrecía por separado a Consellería de Política Social, tal e como explica Praza.

Publicidade

Das 20 persoas falecidas nas últimas 24 horas das que se ten rexistro, 12 morreron en hospitais e 8, en centros residenciais: 5 foron na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago), 1 na residencia de Bande, en Ourense, 2 na residencia Nuestra Señora de la Esperanza (Ourense) e 2 na residencia DomusVi Cangas. Desde o comezo da crise, segundo os datos achegados este mércores pola Xunta, faleceron 108 persoas en centros residenciais: 57 deles nas propias residencias e 51 nos hospitais e as residencias integradas habilitadas pola Xunta para atender aos positivos de coronavirus.

O número de PCR realizadas ata o momento de 34.423, 2.277 máis có día anterior. Este gráfico representa a relación entre os casos novos confirmados cada día polo Ministerio de Sanidad e as probas novas respecto aos datos do día anterior.

A diminución das cifras de hospitalización (desde o luns hai 114 persoas menos ingresadas por coronavirus, algunhas porque faleceron, pero a maior parte porque recibiron a alta hospitalaria), apuntan cara a un freo da epidemia en Galicia. Aínda que se seguen rexistrando novos casos, sobre todo en centros de maiores e persoas con discapacidade, o número de altas diarias achégase cada vez máis ao de novos casos. Nas liñas da gráfica que se poden ver baixo estas liñas, e que están en escala logarítmica (é dicir, hai a mesma distancia de 1 a 10 que de 10 a 100 e de 100 a 1000, e así sucesivamente),  pode observarse a evolución da epidemia, que medrou sobre todo nas primeiras fases multiplicándose cada pouco tempo, pero que se vai freando nos últimos días.

Residencias e centros de maiores e discapacidade

Aínda que os falecementos en residencias se computan desde esta semana no conxunto dos datos achegados por Sanidade, o Sergas difunde por outra canle os positivos en cada un dos centros. Os maiores focos mantéñense nas residencias Nuestra Señora de la Esperanza de Ourense (103 usuarios e 34 traballadores afectados), e os centros da rede DomusVi en San Lázaro (82 e 37), Vigo (66 e e 11) e Cangas (98 e 17).

Este mércores, confirmáronse novas residencias afectadas na Laracha, Ribadeo, Monterrei ou Chandrexa de Queixa.

Esta é a situación en España:

Volve subir a cifra de mortos: 757 en 24 horas por coronavirus

En Portugal:

E no resto do mundo, onde os Estados Unidos superan os 400.000 casos acumulados:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos