Entrevista con Begoña Vila en ‘Vigo Científico’

A astrofísica da NASA, que traballa no deseño do telescopio James Webb, participa no ciclo organizado por GCiencia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo

A astrofísica Begoña Vila Costas (Vigo, 1963), participa este martes 13 de abril, ás 19.30 horas, no ciclo de encontros Vigo Científico, organizados por GCiencia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Vila será a terceira convidada desta iniciativa, que será presentado polo delegado do Estado na Zona Franca, David Regades. Nela reúnense algúns dos principais referentes científicos da cidade.

Begoña Vila, licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e especializada en Astrofísica pola Universidade de La Laguna (Tenerife) e o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), é na actualidade enxeñeira de sistemas no centro Goddard da NASA en Greenbelt (Maryland), moi preto de Washington, capital dos EUA. Alí coordina un dos equipos de traballo no que será un dos grandes fitos da exploración espacial: o telescopio James Webb, cuxo lanzamento está previsto para o vindeiro 31 de outubro.

Publicidade

Este instrumento, froito da colaboración entre a NASA, a Axencia Espacial Europea e a Axencia Espacial do Canadá, será arredor de 100 veces máis potente có Hubble. Funcionará no espectro infravermello próximo e mediano, e grazas a el será posible mirar cara a atrás no tempo, observando galaxias formadas miles de millóns de anos antes de agora.

O deseño e a construción do James Webb supuxo un enorme desafío científico e tecnolóxico, non libre de atrancos, xa que desde a súa xénese retrasouse varias veces a data do lanzamento previsto. Destaca, entre outras moitas características, o seu espello principal, composto por 18 pezas, e o seu parasol que ten as dimensións dunha pista de tenis. O James Webb é tan grande que deberá viaxar ‘dobrado’ no foguete Ariane 5, da ESA, que o levará ata o espazo.

Publicidade

Vila será a terceira participante do ciclo Vigo Científico, que comezou en marzo coa inmunóloga África González e o enxeñeiro de telecomunicacións Fernando Aguado, e que se pechará o vindeiro 20 de abril co biólogo mariño Manuel E. Garci.

África González: “Estamos probando vacinas terapéuticas contra o cancro”

Fernando Aguado: “Un satélite de menos de 100kg pode facer fotos de resolución métrica”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman