O comité clínico mantén o nivel máximo en tres concellos á espera dos anuncios deste mércores

O Grove, A Pobra do Caramiñal e Carballeda de Valdeorras manteñen o peche perimetral; outros 10 quedan no nivel alto e 18 máis, no medio

O comité clínico de expertos científicos e sanitarios que asesora á Xunta de Galicia no seguimento da pandemia da Covid-19 acordou na tarde deste martes situar no nivel máximo de restricións os concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal e Carballeda de Valdeorras. Estes tres municipios están afectados por brotes que sitúan a súa incidencia acumulada por riba dos 500 casos/100000 habitantes nos últimos 14 días, polo que se mantén o peche perimetral, a clausura da hostalaría e a prohibición de reunións con non conviventes.

Ademais, outros 10 concellos quedan en nivel alto. En Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa; a hostalaría só estará aberta nas terrazas, ao 50%, e amplíase o seu horario ata as 21 horas. Permitiranse as reunións de catro persoas en espazos interiores e de seis no exterior.

Publicidade

No nivel medio fican outros 18 municipios: O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño. Aquí a hostalaría aberta ao 30% no interior e 50% en terrazas ata as 21h.

No resto dos concellos galegos, un total de 282, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Así queda o mapa.

Publicidade

As medidas entrarán en vigor na medianoite do xoves ao venres, aínda que están suxeitas ás posibles modificacións que poida abordar nos vindeiros días a Xunta de Galicia, como o atraso do confinamento nocturno ás 23 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida