Caen as mortes por coronavirus a 268 en España en 24 horas

Xa son 24.543 os falecidos desde o inicio da crise sanitaria

A cifra de mortos diarios con coronavirus baixa en España: hai 268 novas vítimas mortais, un descenso respecto ao dato do mércores, cando se rexistraron 325. Xa son 24.543 os falecidos desde o inicio da crise sanitaria. Son 213.435 os contaxiados diagnosticados mediante PCR e 112.050 os recuperados desde o inicio da crise sanitaria. A cifra de decesos é a máis baixa rexistrada en España dende o pasado 20 de marzo.

A pandemia provocou máis de 227.000 decesos no mundo e case 3,2 millóns de infectados, segundo a Universidade Johns Hopkins.

Publicidade

O número de contagios e de mortes por coronavirus segue baixando en Italia, onde se vive menos presión nos hospitais, a cinco días do inicio da reapertura do país, cuxo ritmo dependerá da evolución da pandemia.A curva dos contaxios segue á baixa: desde o inicio da crise, o 21 de febreiro, Italia rexistrou 203.591 casos de infección, 2.086 máis nas últimas 24 horas. Entre os infectados rexistrados morreron 27.682 persoas, 323 no último día, o número máis baixo no que vai de semana.

Francia rexistra un repunte do número de mortos por coronavirus tras sumar outros 427 falecidos, unha suba considerable respecto ao día anterior, cando se constataron 367 falecidos en 24 horas. O director xeral de Sanidade, Jérome Salomon, destacou durante unha rolda de prensa que o número de falecidos ascende xa a 24.087.

Publicidade

Curva de casos acumulados en España. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Alemaña rexistra 159.119 casos de coronavirus, 1.478 máis que o día anterior, segundo os datos que publica o instituto Robert Koch. Hai un total de 6.288 mortos; 173 nas últimas 24 horas. A taxa de mortalidade segue crecendo e xa ascende ao 3,95%. Ata 123.500 persoas xa se curaron; 3.100 máis desde onte.

Os casos confirmados de Covid-19 en Rusia superan os 100.000. Nas últimas 24 horas, rexistráronse 7.099 novos positivos, o que eleva o total a 106.498.

A ‘curación’ de 3.552 persoas nun día reduce á metade os casos activos en Galicia

Brasil rexistrou 449 mortes con covid-19 nas últimas 24 horas, co que o número total de falecidos elevouse a 5.466, mentres que os casos confirmados subiron ata os 78.162, segundo informou este mércores o Ministerio de Saúde. A pandemia continúa a súa rápida expansión polo país tras rexistrar 6.276 novos contaxios no último día. A cifra de vítimas mortais podería medrar aínda máis as próximas semanas, pois están baixo investigación das autoridades sanitarias 1.452 óbitos que se sospeita que poden estar relacionados coa enfermidade.

Casos de Covid-19 por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar os últimos datos do Ministerio de Sanidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Luis Enjuanes, virólogo: “Hai que estar moi alerta, a polio está emerxendo polas guerras”

O experto en coronavirus participa no Congreso Nacional de Viroloxía que se está a celebrar esta semana en Santiago

Máis alá do mpox: as cinco emerxencias sanitarias do século XX que viviu Galicia

A sociedade leva miles de anos enfrontándose aos microorganismos e ás enfermidades infecciosas como a varíola ou a poliomielite

Cinco motivos para estar alerta ante a transmisión de gripe aviaria en humanos

México e a OMS anunciaron o 5 de xuño a morte dun home, de 59 anos de idade, infectado polo virus da influenza subtipo AH5N2

O mosquito tigre volve a Galicia: “Ata o 80% dos focos de cría están en casas particulares”

O 'Aedes albopictus' apareceu durante o verán de 2023 en Moaña e este ano xa se detectaron sete exemplares na mesma zona