A borrasca Jorge chega a Galicia o sábado con alerta laranxa

Ventos de máis de 100 km/h e unha situación moi complicada no mar impóñense ao anticiclón e volven traer inestabilidade a Galicia

Despois dun tempo primaveral, mesmo acadando algúns rexistros récord en febreiro, unha borrasca con nome propio, Jorge, traerá unha situación complicada cara á fin de semana en Galicia. Desde o sábado e ata o luns, o noroeste da península ibérica sufrirá o impacto dunha borrasca da que vén de emitir un aviso especial a Axencia Estatal de Meteoroloxía (ver PDF).

Jorge acabará así con días de ceos practicamente despexados e temperaturas máis altas que as habituais para estas datas. Desde a súa situación na contorna de Irlanda, chegará unha fronte fría que producirá choivas e refachos moi fortes de vento no noroeste peninsular. A continuación, máis sistemas frontais atlánticos, asociados a novos centros de presión, estenderán as precipitacións e os ventos fortes a boa parte da península ata o martes que vén.

Publicidade

Durante o sábado, a fronte fría asociada a Jorge cruzará a Península de oeste a leste, dando lugar a choivas xeneralizadas, principalmente durante a madrugada, en Galicia. No cuadrante noroeste tamén destacarán refachos moi fortes de vento, que poderían superar  os 100 km/h, do suroeste e oeste. A inestabilidade notarase tamén no estado da mar, con ondas de mar combinada de 4 a 5 m. Alén disto, a fronte producirá un descenso notable das temperaturas diúrnas, situándoas en valores próximos aos normais destas datas.

Ao longo dos días seguintes, novas frontes atlánticas, con maior contido de humidade e por tanto, máis activos incidirán sobre a Península e Baleares. O domingo as choivas máis intensas corresponderán ao oeste e suroeste de Galicia. A cota de neve situarase nuns 1200 m.

Publicidade

Ante esta situación, a Aemet xa activou o nivel de aviso laranxa para as provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra por fortes refachos, así como no litoral polas ondas e o vento no mar

Empeoramento cara ao luns

O día máis adverso despois da chegada de Jorge será probablemente o luns, cando unha nova borrasca profundarase nas proximidades da Península e Baleares, dando lugar, de forma xeneralizada, a precipitacións, refachos moi fortes de vento e mal estado da mar. En Galicia, é posible que a cota de neve estea arredor dos 1.000 metros, e os refachos, sobre todo no litoral e nas zonas altas, pasarán dos 110 km/h.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rompe o tópico: en 2025 rexistráronse máis horas de sol do habitual

O documento confirma o aceleramento do quentamento global ao recoller unha temperatura media de 1,1 graos por enriba do promedio anual normal

Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga

Que nos di a escuma do mar da saúde das praias?

O fenómeno xérase pola axitación producida pola forza das ondas e dos ventos que, ao combinarse coa materia orgánica disolta, forma unha dispersión de auga e burbullas de aire. Por Gumersindo Feijoo Costa