A borrasca Elsa pon en alerta toda Galicia por vento e choiva

Hai declarado avisos amarelos e laranxas en todo o país, con fortes ventos na Coruña, A Mariña lucense e montañas de Lugo e Ourense

Tras o paso de Daniel, chega con forza a borrasca Elsa, que foi bautizada o luns por Portugal tras comprobar que se trata dunha das frontes máis activas do ano, que varrerá con forza a península Ibérica e deixará grandes choivas, pero sobre todo intensos refachos de vento, por riba dos 100 km/h en moitos puntos de Galicia.

A borrasca atlántica xa entrou en Galicia, onde están declarados avisos amarelos e laranxas, especialmente polo vento en zonas como o litoral da Coruña, A Mariña e a montaña lucense, por riba dos cen quilómetros hora. Os avisos tamén continuarán na xornada do xoves. E serán laranxas en todo o litoral galego, con ventos do sur de forza 7.

Publicidade

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) emitiu un aviso especial. O centro de Elsa atopábase o martes no Atlántico norte, a metade de camiño entre Terranova e as illas Británicas. Pero xa chegou a Galicia onde vai ser persistente.

A Xunta decidiu suspender as actividades no exterior nos centros educativos situados nas zonas nas que está decretada a alerta laranxa por Meteogalicia: o oeste da provincia da Coruña (municipios de Camariñas, Cee, Dumbría, Mazaricos, Vimianzo, Carnota, Corcubión, Fisterra, Muxía e Zas), a Mariña lucense (concellos de Alfoz, Burela, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Trabada, O Vicedo, Xove, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Ourol, Ribadeo, O Valadouro e Viveiro) e a montaña da provincia de Ourense (O Bolo, Castro Caldelas, Esgos, Maceda, A Mezquita, Parada de Sil, Riós, A Teixeira, Viana do Bolo, Xunqueira de Espadanedo, Carballeda de Valdeorras, Chandrexa de Queixa, A Gudiña, Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Veiga e Vilariño de Conso).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro