A IV edición de “A luz da ciencia” relacionará o pensamento científico e o xénero

As xornadas celebranse do 13 ao 15 de xaneiro na Coruña a cargo de relatoras que coñecen de primeira man a realidade da práctica científica

As xornadas científicas ‘A luz da ciencia’ celebran a súa cuarta edición cun programa dedicado ao pensamento científico e o xénero. Esta iniciativa, que botou a andar no pasado ano da man da área de Patrimonio, trasládase nesta ocasión ao Pazo de Mariñán e ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (MUNCYT) e terá lugar os días 13,14 e 15 de xaneiro.

Estes encontros científicos están concibidos para reflexionar sobre as fendas de xénero que están vixentes no eido da práctica profesional e investigadora das disciplinas científicas, achegando visións desde tres eidos diferentes: as aulas e o proceso formativo, a lexislación e a realidade profesional, e a divulgación e a comunicación científica. A este respecto, o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, pon o foco en que segundo datos globais da ONU, menos do 30% de investigadoras e científicas de todo o mundo son mulleres, e tan só 1 de cada 3 estudantes de carreiras universitarias do ámbito da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (coñecido como ámbito CITM) é unha muller.

Publicidade

“Cando puxemos en marcha este programa de xornadas propuxémonos achegar a ciencia á sociedade dun xeito accesible e tratando temas de interese para o conxunto da cidadanía e, neste sentido, abordar a situación de desigualdade de xénero que se observa nas disciplinas do chamado ámbito CITM é de xustiza e necesario ” asegura Xosé Lois Penas.
As tres sesións correrán a cargo de relatoras que coñecen de primeira man a realidade da práctica científica.

Xoves 13 de xaneiro

A primeira xornada, dedicada a ‘Didáctica das ciencias experimentais’ celebrarase no Pazo de Mariñán ás 18:00 horas. Os contidos xirarán en torno a análise da didáctica das ciencias experimentais e a segregación nas formacións científicas; a educación CTIM ( Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas); o tratamento da perspectiva de xénero e a ciencia nas aulas e a reflexión sobre a necesidade de fomentar a vocación científica e a importancia da visibilización das mulleres na ciencia. As relatoras desta xornada serán Mireia Colom e Susaina Figuera da Fundació catalana per a la recerca i la innovació.

Publicidade

Venres 14 de xaneiro

A segunda xornada, “Ciencia, investigación e xénero”, terá lugar no Pazo de Mariñán ás 18:00 horas. os contidos xirarán en torno a revisión lexislativa; á Lei Ángeles Alvariño; á análise da perspectiva de xénero na ciencia e na investigación científica; a visualización das realidades laborais; ao efecto Matilda e campaña #NOMOREMATILDA e ao papel dos medidos de comunicación. As relatoras forman parte da Rede galega de investigadoras, e son: María de la Fuente Freire, científica galega especialista en nanotecnoloxía; Elena Lendoiro Belío, investigadora posdoutoral; Vanessa Valdiglesias García, bióloga,
recoñecida como Mellor Investigadora Xove de Europa pola Sociedade Europea de Xenómica e Mutaxénese Ambiental; Zulema Varela Río, bióloga, máster en enxeñería ambiental, tese de doutoramento en ecotoxicoloxía.

Sábado 15 de xaneiro

A terceira e última xornada, “Divulgación, comunicación científica e xénero”, celebrarase no Muncyt ás 11:30 horas. Os contidos centraranse na fenda de xénero na divulgación científica e nas persoas consumidoras de ciencia e nas Medidas que contribúan a racharesta situación de desigualdade. As relatoras serán Maite Vence de OBSERVER, Isa Loureiro, ilustradora e Paula Otero Sánchez, científica do grupo de investigación xenomas e enfermidade.


A asistencia ás xornadas é de balde, mais será preciso realizar inscrición previa a través do seguinte formulario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela