Caravana pola Acuicultura para divulgar a importancia do sector en Galicia

A rede autonómica de investigación Inmunogenom, que procura solucións innovadoras no control sanitario do sector acuícola en Galicia, organiza para o vindeiro 24 de outubro a Caravana pola acuicultura, un encontro para difundir a importancia e a seguridade asociada á produción de moluscos.

Á xornada están convidados diversos sectores vencellados ao eido acuícola e científico (produtores, comercializadores, consumidores, hosteleiros, xornalistas, divulgadores e investigadores) para dar a coñecer de primeira man como é o proceso de cultivo e comercialización dos moluscos.

Publicidade

“Estamos convencidos das bondades da produción de organismos acuáticos, por ser a única alternativa sostible co crecemento da poboación humana, e tamén pola calidade e seguridade asociadas a estas producións”, explica Paulino Martínez, catedrático de Xenética da USC e coordinador de Inmunogenom. Engade o científico que “non menos importante é a relevancia da acuicultura para o mantemento das comunidades costeiras rurais, especialmente no caso galego”. Deste xeito, “como científicos queremos trasladar o noso convencemento sobre o valor da acuicultra e a importancia de investir na mellora das producións e a súa sustentabilidade a través da investigación”.

O programa da xornada vai abranguer unha ampla gama de actividades, como charlas, entrevistas con diversos representantes do sector produtivo e investigador, visitas a diversos modelos de cría e produción de moluscos e degustación de produtos.

Publicidade

A rede Inmunogenom está financiada polas Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema Universitario Galego, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i”, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas