A viguesa Elena Cartea, nova vicepresidenta adxunta do CSIC

A científica galega é doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e dirixe dende 2015 a Misión Biolóxica de Galicia

A nova presidenta do CSIC, Eloísa del Pino, integra no seu equipo directivo a unha galega, Elena Cartea González (Vigo, 1967), científica do centro desde o ano 2000. Ademais, dende o 2015 dirixe a Misión Biolóxica de Galicia. A partir de agora, Cartea será a vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do CSIC.

A científica galega é licenciada (1990) e doutora (1995) en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Completou a súa formación en Xenética de Plantas cun Master of Science in Plant Genetics pola Universidade de Lleida, varias estancias predoutorais internacionais no INRAE de Burdeos e varias estancias posdoutorais no INRAE de Versailles, en Paris e na Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro en Vila Real, Portugal.

Publicidade

Pasou a formar parte do CSIC en 2000 como científica titular. Desde 2008 é investigadora científica e desde 2002 dirixe o grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brásicas.

As súas liñas de investigación versan sobre o estudo das interaccións das plantas de brásicas e o seu agrosistema, incluíndo a resistencia ao estrés, a produción e a calidade cun especial interese no estudo dos compostos bioactivos glucosinolatos, relacionados coa defensa da planta e a saúde, polo seu potencial anticanceríxeno. Son liñas estratéxicas de alto impacto social que inclúen a sustentabilidade agraria, a conservación da biodiversidade, a obtención de alimentos sans e seguros e o cambio global.

Publicidade

O equipo directivo

O equipo directivo do CSIC está formado polo matemático José María Martell, como vicepresidente de Investigación Científica e Técnica; o politólogo Carlos Closa, vicepresidente de Organización e Relacións Institucionais; o politólogo Javier Moreno, vicepresidente de Relacións Internacionais, a química Isabel Martínez, como directora do Gabinete da Presidencia, e Ignacio Gutiérrez Chairo, como secretario xeral.

A química Ana Castro incorporarase á primeira liña do equipo directivo, tan pronto como leven a cabo os cambios necesarios na estrutura organizativa da área de Transferencia do Coñecemento, que a nova Presidencia desexa potenciar.

O equipo complétase con catro novos vicepresidentes adxuntos: Elena Cartea, vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas; Jaime Carvajal, vicepresidente adxunto de Programación Científica; Isabel Díaz, vicepresidenta adxunta de Cooperación Internacional; e Pura Fernández, vicepresidenta adxunta de Cultura Científica e Ciencia Cidadá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

As plantas “falan” entre si? Un equipo galego explora un novo mecanismo de comunicación

Fungos, insectos e compostos volátiles revelan unha rede de conexión química entre vexetais máis complexa do que se pensaba

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies