O profesor da USC Juan Carlos Pérez recoñecido pola World Federation of Orthodontist

Dada a súa extensa traxectoria laboral, foi premiado no marco do Congreso da Sociedade Española de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial

O profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Juan Carlos Pérez Varela acaba de ser recoñecido pola World Federation of Orthodontist (WFO), no marco da edición número 68 do Congreso da Sociedade Española de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial (SEDO). O foro celebrouse en Madrid e reuniu a un milleiro de participantes. Pérez Varela pronunciou o relatorio Maloclusión esquelética e 3D. A unión fai a forza, na que abordou como unha porcentaxe elevada de pacientes son mozos e mozas, en moitas ocasións, con maloclusións esqueléticas nos tres planos do espazo.

“O Congreso foi unha nova oportunidade para tocar algúns dos temas de máis relevancia na ortodoncia actual, como o tratamento temperán ou tratamentos multidisciplinarios, e fíxose unha posta ao día das novas tecnoloxías que poden aplicarse á ortodoncia para mellorar a predictibilidad e mellorar o resultado dos tratamentos”, explicou Juan Carlos Pérez Varela.

Publicidade

O doutor recibiu variedade de premios durante a súa longa traxectoria profesional e foi nominado no ano 2007 en Madrid, Presidente da Asociación Española de Especialistas en Ortodoncia (AESOR), cargo que mantén dende entón. Actualmente é membro do consello editorial das revistas Ortodoncia Española e Ortodoncia Clínica. Ademais de profesor de Ortodoncia na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago (USC) é profesor convidado de Máster de Ortodoncia nas universidades de Santiago, Valencia, Oviedo, Internacional de Cataluña, Sevilla e codirector de cursos de Formación Avanzada de Ortodoncia (FADO).

Comprometido co avance científico, é o creador de The Full Smile System, técnica que supuxo unha revolución na prescripción ortodóncica, xa que permite obter sorrisos máis amplos e máis sans porque permiten unha mellor oclusión (a forma na que os dentes encaixan entre si).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Graziella Almendral, presidenta dos xornalistas sanitarios en España: “A desinformación está gañando”

A farmacéutica Zendal organizou unha xornada no Porriño co gallo da Semana Mundial da Inmunización na que participou a profesional da información

Galicia abre a porta a fármacos máis seguros que se activan con luz grazas a unha tecnoloxía pioneira

A investigación do CiQUS, destacada nun editorial pola revista ‘Nature Synthesis’, presenta unha estratexia que reduce os efectos secundarios mediante activación localizada