As vacinas de ARN mensaxeiro contra a covid non perden eficacia ao conxelarse

O novo achado permitiría ampliar a capacidade para inmunizar á poboación naqueles países cunha infraestrutura médica precaria

As vacinas baseadas en ARN mensaxeiro (ARNm) pódense volver conxelar sen que perdan a súa capacidade para inmunizar contra a covid-19, segundo un estudo que publica a revista Vaccines e que lideraron o Hospital do Mar, o Instituto Hospital do Mar de Investigacións Médicas (IMIM) e a Universitat Pompeu Fabra (UPF). Este traballo facilitaría a vacinación en todo o mundo, sobre todo nos países en vías de desenvolvemento, ao optimizar a manipulación e transporte dos viais xa preparados e reducir a infraestrutura necesaria nos países receptores.

Para comprobar se lles afectaba o frío, unha vez preparadas as xiringas para a súa administración, os investigadores utilizaron restos descartados en centros de vacinación, pero manipulados segundo as especificacións. Unha parte inxectouse en ratos de laboratorio nas condicións habituais e recomendadas polos fabricantes. Un segundo grupo de vacinas conxelouse a -20 ºC durante un mes e un terceiro a -80 ºC durante o mesmo período. En todos os casos, os animais desenvolveron a mesma resposta inmunitaria sen efectos secundarios. Á vez, fixéronse análise de estabilidade do ARN mensaxeiro, con resultados totalmente normais.

Publicidade

Unha campaña de vacinación desigual

O feito de poder volver conxelar as vacinas “pode supoñer un enorme avance, permiten maximizar a potencialidade de todos os viais reconstituidos e minimizar o seu desperdicio”, expón Santi Grau, un dos autores do estudo e director da área do Medicamento do Hospital do Mar.

Hai grandes desigualdades na cobertura vacunal. Nos países en vías de desenvolvemento non supera o 12%

Segundo cálculos da Organización Mundial da Saúde (OMS), só en Europa e en Xapón perdéronse 240 millóns de doses e unha parte das enviadas dentro da iniciativa COVAX non se puideron aproveitar por problemas de caducidade. Isto provocou grandes desigualdades na cobertura vacinal que, nos países desenvolvidos roza o 70%, mentres nos menos favorecidos non supera o 12%. Esta nova opción mellora a manipulación das vacinas no país emisor, conxelar as xiringas e envialas á destinación para a súa utilización inmediata, sen necesidade dunha gran infraestrutura.

Publicidade

Sen efectos secundarios nin graos de inmunidade dispares

Rafael Maldonado, primeiro autor do estudo e coordinador do Grupo de Investigación en Neurofarmacología (Neurophar) da UPF, apunta que “tampouco se detectaron efectos secundarios destacables nos animais que recibiron as mostras manipuladas en condicións diferentes das indicadas polos fabricantes en relación coa posibilidade de volvelas a conxelar”. Isto pode abrir a porta “a cambios nas recomendacións de almacenaxe e manipulación das vacinas”.

Volver conxelar as vacinas facilita superar as limitacións das infraestruturas para as campañas de vacinación dos países con rendas baixas e medias

OLIVIA FERNÁNDEZ, xefa do Servicio de Farmacia do Hospital del Mar

Estas conclusións poden ser aplicables a outros tipos de vacinas. Como explica a xefa do Servizo de Farmacia do Hospital del Mar, Olivia Ferrández, “a posibilidade de volver conxelar as vacinas de ARN mensaxeiro contra a covid-19 xa preparadas para a súa administración en xiringas facilita superar as limitacións das infraestruturas para as campañas de vacinación dos países con rendas baixas e medias”.

Tamén pode favorecer a súa distribución tanto en grandes cidades como en áreas rurais. Anteriormente, o equipo que desenvolveu este traballo demostrara que estas vacinas, preparadas previamente para a súa administración, podíanse transportar a temperatura ambiente e cunhas condicións máximas de seguridade durante, como mínimo, tres horas.


Referencia: COVID-19 mRNA Vaccines Preserve Immunogenicity after Re-Freezing (Publicado en Vaccine)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía

A loita contra a resistencia antimicrobiana: “As vacinas reducen o uso de antibióticos”

Un informe advirte que a farmacorresistencia causa máis de 1,3 millóns de mortes a nivel mundial, cifra que podería chegar a 10 millóns para 2050