Turismo de Ferrolterra quere seguir pondo en valor o seu pasado histórico da man de Observer, co novo lanzamento desta nova guía de viaxe, que permite percorrer parte da súa costa en tres rutas de gran valor paisaxístico e histórico. A guía é unha continuación da xa publicada, tamén por Observer, sobre a historia defensiva de Ferrol.
A guía abarca o litoral galego desde Ares até Ortigueira, incluíndo catro rías que se engloban na coñecida costa Ártabra. Este territorio inclúe varias zonas de protección, debido principalmente á súa singular orografía, xeoloxía e biodiversidade que alberga.
Observer deseñou tres rutas que pasan polos municipios de Ares, Mugardos, Valdoviño, Cariño, Cedeira e Ortigueira.
A costa ártabra está fisicamente marcada pola súa historia militar. Ao longo deste espectacular golfo atópanse vestixios da necesidade do ser humano de protexerse do outro: desde solemnes castelos do século XVI a baterías antiaéreas do século XX. As características desta zona xeográfica, unidas aos avatares históricos, configuraron este enclave como un dos de maior relevancia para a protección de España.
Até as costas galegas chegaron viquingos, franceses, ingleses, holandeses… durante todas as épocas. No século XVI as invasións piratas volvéronse comúns e houbo de configurarse unha rede de observatorios que permitise alertar canto antes do ataque.
Ese mesmo século foi determinante para Ferrol e a súa área, pois Felipe II converteuno en sede da Armada Real. Isto levou a creación do Arsenal e Estaleiro ferrolán, así como unha serie de baterías de defensa nas rías, que son as que agora forman parte desta nova ruta baseada na historia e enxeñaría, deseñada por Observer.
No entanto, a maior parte das baterías se desartilló ao longo do século XX, pois a costa ártabra nunca chegou a entrar en batalla. As pezas destas defensas, na súa maioría, foron trasladadas a outros puntos da xeografía que se crían máis sensibles. Hoxe os restos das defensas que permanecen gardando a costa ártabra ofrecen un percorrido pola historia e unha escusa para visitar unha paraxe natural con maiúsculas.
O proxecto, composto por unha guía de viaxe que se pode descargar desde inclúe ademais a geolocalización de cada punto, e un audiovisual que adianta ao viaxeiro as incribles paisaxes naturais por onde transcorre a ruta.