EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Mar Capeáns

A física galega traballa no CERN dende 1992, onde se especializou na construción de aceleradores de partículas

A nova edición do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino abre a súa programación coa entrevista á física galega Mar Capeáns. Leva traballando dende 1992 na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se especializou na construción de aceleradores de partículas. Dende 2021 forma parte da dirección da entidade, ao liderar o Departamento de Enxeñaría Civil e do Sitio. Falamos con ela sobre a súa vocación, o seu apaixonante traballo e, sobre todo, como lograr que as científicas rompan o teito de cristal.

Ciencia en feminino continuará ao longo de todos os mércores do mes de marzo. A primeira mesa redonda celebrarase o día 12 e nela abordarase como ser científica no século XXI. Contarase coa participación das investigadoras galegas María Tubío-Fungueiriño, Cintia Folgueira e María José Ginzo. Esta actividade terá continuidade o mércores 19 coa entrevista á catedrática de Economía María Loureiro, Premio María Wonenburger 2024. O ciclo Ciencia en feminino concluirá o día 26, coa celebración da última mesa redonda. Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez-Muñoz analizarán como romper os estereotipos na ciencia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A física do CERN Mar Capeáns, galardoada coa Medalla Castelao 2026

A investigadora publicou máis de 500 artigos científicos e participa na avaliación de programas de física de partículas a nivel internacional e da Comisión Europea

“Aos seis anos, a presión cultural xa fai efecto e as nenas deixan de verse capaces de calquera cousa”

A enxeñeira Soledad Torres Guijarro participou xunto á bióloga Iria Gómez Touriño e á enfermeira Ainara Díaz Geada na última sesión de Ciencia en feminino
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

Elena Vázquez Abal: “Debemos crear referentes científicas actuais para as novas xeracións”

A matemática galega lidera iniciativas internacionais e impulsa a igualdade nas ciencias dende a súa experiencia académica e persoal