EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Como romper cos estereotipos da científica

As investigadoras Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez participan na última sesión de 'Ciencia en feminino'

A última entrega do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino, dentro da programación sobre o 8M da Deputación de Pontevedra, remata cun debate no que participan as científicas Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez. Expoñerán a súa vivencia e opinión sobre os estereotipos no sector. En que aspectos avanzamos? Cales quedan por traballar? Nesta ocasión, as investigadoras analizan como os tópicos inflúen na escolla da carreira, como rachar coas especialidades masculinizadas ou a situación actual do teito de cristal.

Ciencia en feminino remata este mércores 26 de marzo co estreo da mesa redonda. Podes desfrutar a última conversa coa catedrática de Economía María Loureiro, Premio María Wonenburger 2024, conducida por Laura Filloy, na web e nas plataformas de GCiencia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Onde están as mulleres? Tan só 26 investigadoras recibiron un Nobel de Ciencia

Menos dun 4% do total dos premios de Física, Química e Fisioloxía e Medicina foron a mans de científicas na historia do prestixioso galardón

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións