O 60% dos galegos di que é feliz: os resultados da enquisa sobre o benestar en Galicia

O Instituto Galego de Estatística afirma que case tres cuartas partes dos residentes puntúan por enriba dun 7 a súa satisfacción vital, cunha media de 7,31 en 2024

A satisfacción dos galegos coa súa vida e a percepción sobre a súa saúde mellora respecto aos datos do ano 2019, segundo a última enquisa publicada polo Instituto Galego de Estatística. O organismo vén de publicar o módulo específico da Enquisa estrutural a fogares dedicado ao estudo do capital social correspondente ao ano 2024, unha operación que mide o grao de benestar da cidadanía maior de 16 anos en Galicia.

Esta enquisa xa se realizara en 2014 e 2019, e os datos completos e actualizados poden consultarse na web do IGE. No 2024, o grao de satisfacción dos galegos e galegas coa súa vida foi de 7,31 puntos nunha escala de 0 a 10, sendo 0 nada satisfeito/a e 10 plenamente satisfeito/a. O 73,71% das persoas enquisadas declarou ter unha satisfacción superior a 7.

Publicidade

Xeograficamente, a cidadanía de Lugo Oriental (A Fonsagrada, Os Ancares e Sarria) e Ourense Sur (A Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana) son os que máis satisfeitos están.

Cada vez mellor

As cifras amosan unha melloría continuada. No ano 2014, a media de satisfacción coa vida situábase en 6,74, cun 59,82% da poboación valorando por enriba de 7. En 2019, a media subiu a 7,15 e a porcentaxe de persoas satisfeitas acadou o 68,36%.

Publicidade

Aa enquisa abrangue tamén outros aspectos relevantes, como a calidade das relacións persoais dos residentes na nosa comunidade, a solidariedade e comportamento cidadán, o grao de confianza nas persoas e institucións ou os principais problemas das vivendas de Galicia.


Podes consultar os datos completos da enquisa nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro