A Xunta nega que haxa desatención aos centros de investigación agroalimentaria

Medio Rural cualifica de "completamente falso" que non se cubran as necesidades destas institucións, despois das críticas de científicos do CIAM

A Consellería de Medio Rural respondeu esta semana ás críticas vertidas por un grupo de investigadores do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), tras o anuncio por parte da Xunta do investimento de 10 millóns de euros no Pazo de Quián (Boqueixón) para converter o complexo nun “espello do rural galego”. Os científicos cualificaban a decisión como “un novo exemplo do proceso de minado e destrución gratuíta das estruturas de investigación agraria galega”. Porén, Medio Rural cualifica de “completamente falso que esta Consellería non atenda nin cubra as necesidades dos centros de investigación e de formación, xa que para o vindeiro ano 2020 dedica máis de 1,2 millóns de euros a mellorar estes organismos”.

Nunha nota emitida aos medios, a Consellería expón que “os orzamentos de 2020 son os da consolidación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e, polo tanto, dos centros dependentes deste ente, polo que a aposta da Xunta pola investigación e pola formación é clara”, apuntan.

Publicidade

Científicos agrarios denuncian a “destrución” do sector por parte da Xunta

Entre as partidas orzamentarias, sosteñen que haberá incrementos nos “investimentos reais no conxunto dos centros da Axencia, cun incremento do 43,83%, investimentos de transferencias de capital, cun incremento do 23,45%, e en gastos de funcionamento dos centros, cun incremento dun 29%”.

Banco de xermoplasma

Un dos aspectos que xerou máis malestar entre os investigadores asinantes dun comunicado difundido estes días foi o do traslado do banco de xermoplasma do CIAM a Boqueixón. Neste punto, Medio Rural expón que “dignificar, visibilizar e xestionar adecuadamente os recursos fitoxenéticos de Galicia non se pode interpretar como poñelos en risco baixo argumentos relativos á súa ubicación”.

Publicidade

Ante as críticas dos investigadores por levar as sementes a Quián, fontes da consellería sinalan que “non é certo que se traslade este Banco, pois a realidade é que non está ubicado nun único centro ou recinto”. Subliñan que o que pretende Medio Rural “é precisamente agrupalo nun edificio para centralizar a súa xestión e conservación por parte do persoal ao seu cargo. Deste xeito, tamén se poderá dar a coñecer este material xenético autóctono a otros investigadores”. Conclúen, con todo, que a investigación desenvolverase desde o CIAM, “como vén sendo ata o de agora”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A recuperación da avea moura, o cultivo de orixe galega que desapareceu dos campos

Un proxecto de Misión Biolóxica de Galicia explora o potencial da especie tradicional con enfoque comercial para usos gastronómicos e cosméticos

Do ‘vermicompost’ ao uso de ozono: un estudo da USC avalía o impacto ambiental de alternativas agrícolas

A tese de Sara Lago evidencia que determinadas prácticas sostibles non sempre presentan un mellor desempeño cando son analizadas de maneira integral

Robots agricultores e gandeiros armados de intelixencia artificial: así son as granxas do futuro

A tecnoloxía avanzada transforma a produción agropecuaria e mellora a xestión dos recursos para aumentar a eficiencia e sostibilidade

Por que as hortensias son tóxicas? O caso das cabras que morreron en Baiona

Unha decena de animais dun gandeiro perden a vida tras inxerir restos de poda que contiñan unha planta tóxica capaz de producir cianuro