A poboación de vertebrados na Terra cae un 60% en só 40 anos

En 1998 saía por primeira vez o informe “Planeta Vivo” de WWF (Fondo Mundial da Natureza), un documento no que se analizaba a situación da biodiversidade mundial. 20 anos despois, na súa 12ª edición, o documento, presentado esta semana, expón unha situación preocupante: Desde a década dos 70, o índice Planeta Vivo (IPV) un indicador co que o informe mide os niveis de abundancia da biodiversidade, presenta unha diminución xeral do 60% no número de vertebrados.

Este indicador analiza 16.704 poboacións de 4.005 especies de vertebrados de todo o mundo, e recolle unha visión panorámica do estado das especies, os impactos xerados polo ser humano e as solucións dispoñibles. O traballo realízase coa colaboración científica da Rede da Pegada Global e a Sociedade Zoolóxica de Londres.

Publicidade

A deforestación dos trópicos está causando unha rápida diminución das especies de vertebrados. Fonte: WWF.
A deforestación dos trópicos está causando unha rápida diminución das especies de vertebrados. Fonte: WWF.

“A ciencia amosa a dura realidade. O informe leva anos chegando á mesma conclusión, e é preocupante: a biodiversidade mundial diminúe a un ritmo alarmante“, sinalan desde WWF.

Entre os principais factores que xeran este problema están, segundo sinala a entidade, a perda ou degradación do hábitat, a sobreexplotación de recursos, a contaminación, as especies exóticas invasoras e o cambio climático.

Publicidade

Datos preocupantes

Algúns dos datos presentados no informe Planeta Vivo son especialmente preocupantes. Sinalan, por exemplo, que “case o 20% da Amazonía desapareceu en só 50 anos”, que a diminución de especies nos trópicos é “especialmente pronunciada”, sobre todo en Centroamérica e Sudamérica, cunha perda do 89%. Do mesmo xeito, o documento sinala que a Terra perdeu “aproximadamente a metade dos seus corais de augas someras nos últimos 30 anos”, o que ten graves consecuencias para os seres humanos, xa que “200 millóns de persoas dependen dos arrecifes para protexerse das marexadas ciclónicas e as ondas”.

Podes consultar o Informe Planeta Vivo (en PDF) nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia