A vaga de calor de xullo en Galicia en datos: catro graos de diferencia nas mínimas históricas

Entre o nove e o dezanove de xullo, Galicia e o noroeste da península ibérica en xeral padeceron unha das vagas de calor máis potentes dende que existe rexistro meteorolóxico. Agora, grazas aos datos do ERA5-Land do Programa de Observación da Terra da Unión Europea (Copernicus), o investigador da Universidade de Santiago de Compostela Dominic Royé puido elaborar unha infografía coa que botar luz sobre a incidencia da vaga no Estado e da que se poden extraer conclusión concretas sobre Galicia. Unha das más interesantes a ollos do doutor Royé é “a diferenza de tres ou catro grados nas mínimas medias do período 1991-2020 e as da vaga”.

O traballo de visualización deste investigador da USC baseouse en recompilar os datos deses once días onde a intensidade das temperaturas foi máis asfixiante e comparala coas medicións históricas do período de referencia, escollido entre 1991 e 2020. “Era esperable que, dadas as circunstancias, acontecese algo como o que pasou, sobre todo, tendo en conta o potencial que neste sentido ten a Fachada Atlántica“, argumenta Royé. “Foi especialmente significativo sentir esas noites tan cálidas que vivimos, con temperaturas arredor dos 24-25 graos”, engade.

Publicidade

Era esperable que, dadas as circunstancias, acontecese algo como o que pasou, sobre todo, tendo en conta o potencial que neste sentido ten a Fachada Atlántica

Dominic Royé, investigador da USC

Sobre a interpretación para o futuro que se pode extraer destes datos, o investigador é claro: “Non podemos falar, para nada, de que teñamos conseguido frear o cambio climático en ningún sentido. Aínda que non me guste falar de normalidade, estas situacións repetiranse nos próximos anos”.

Como traballan os datos

Os datos que proporciona Copernicus á comunidade científica teñen unha grande vantaxe para a interpretación de realidades concretas como as vagas de calor. Principalmente, porque son desagregados por horas -UTC, polo que habería que sumarlle dúas horas para unha interpretación en chave galega- e permite analizar o desenvolvemento das horas máis calorosas do día e tamén as mínimas nas noites.

Publicidade

Os efectos da vaga en Galicia

A onda de calor intensa e prolongada conseguiu que se romperan todos os récords de temperaturas naquela altura. Ourense, por exemplo, chegou a acadar os 44 graos de máxima e Galicia, por primeira vez na súa historia, experimentou noites tórridas, aquelas por encima dos 25 graos de mínima. Estas temperaturas extremas puxeron en serio risco a saúde, provocando —entre outros— golpes de calor que poden derivar na morte. De feito, o Instituto de Salud Carlos III de Madrid (ISCIII), dependente do Ministerio de Sanidade, publicou nese momento os datos de mortes da semana máis intensa da vaga que poden ser atribuíbles á temperatura. As cifras dan conta da magnitude: Galicia rexistrou, dende o 10 ao 19 de xullo, arredor de 57 falecementos por esta causa.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais

Menos extremas, pero máis calor: así están a cambiar as estacións en Galicia

Os gráficos do meteorólogo Benito Fuentes sinalan que o inverno quenta máis rápido ca o verán, reducindo a distancia térmica

Un mapa europeo alerta da seca extrema e sinala os puntos máis críticos en Galicia

Algunhas das zonas afectadas son Fisterra, Vigo, A Estrada, As Pontes e Valdeorras