Un estudo con participación da USC alerta da caída da produción de incenso

O investigador Peter Greoenendijk desenvolveu parte do traballo durante unha estadía de 20 meses no grupo Bioaplic do Campus Terra

O incenso está en perigo e a súa produción podería reducirse á metade en apenas dúas décadas, segundo se recolle no artigo “Frankincense in peril”, que vén de publicar a revista ‘Nature Sustainability’ e do que é coautor o investigador Peter Greoenendijk, quen desenvolveu parte deste estudo durante os 20 meses que traballou no campus de Lugo co grupo Biodiversidade e Botánica Aplicada (Bioaplic) da USC co proxecto ITN Marie Curie ForSEAdiscovery.

As conclusións recollidas neste estudo realizado por un grupo de científicos de Holanda e Etiopía están apoiadas en predicións de modelo en desenvolvemento de poboación de Boswellia, as árbores produtoras de resina de incenso no Corno de África. O incenso, empregado en perfumes é un derivado das resinas de árbores que medran nos bosques secos de África e Asia e cuxas poboacións están ameazadas pola acción de gando (camelos) incendios, así como pola presenza de determinados insectos.

Publicidade

Os principais focos de produción de incenso son os bosque secos do Corno de África, da Península arábiga e da India. En épocas clásicas, este artigo de alto valor e múltiples usos en cosmética, transportouse en caravanas polos desertos de Arabia e África cara a sociedades ao redor do Mediterráneo. Hoxe en día parte desta materia prima aínda se transporta en camelos ou a través de embarcacións.

Os investigadores que asinan o artigo publicado en Nature Sustainability alertan de que a actual produción de incenso está baixo ameaza seria e o seu futuro require de accións concretas para evitar a súa desaparición. Neste senso, a publicación constata a rápida diminución de poboacións de Boswellia, as árbores que constitúen a principal fonte de produción de incenso, para logo reclamar con urxencia acción e iniciativas de restauración forestais orientadas a mellorar e a protexer os bosques existentes, así como para facer novas plantacións, e para avanzar e facer cumprir as normativas forestais oportunas.

Publicidade

Os autores do artigo analizaron e mediron árbores produtoras de incenso en 23 localizacións de Etiopía, Eritrea e Sudán, nas que constaron, ademais da elevada idade meda das árbores existentes, que van morrendo paseniño, a escasa rexeneración das mesmas, o que pon en risco o futuro da produción de incenso en todo o mundo.

Referencia: Frankincense in peril (Publicado en Nature Sustainability).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Candeas e incenso, cando o suposto “benestar” contamina a casa

Desde o punto de vista da química atmosférica, ambos os xestos implican algo moito menos idílico: introducir unha fonte de combustión dentro do fogar

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente