Continúa a cadea de sismos na comarca de Celanova

Os sismógrafos do Instituto Xeográfico Nacional rexistraron no último mes máis dunha decena de tremores nesta zona de Ourense

A terra estase movendo nas últimas semanas na comarca de Celanova, aínda que ninguén o perciba debido á pouca intensidade dos sismos, que non chegan á magnitude 3. Pero os movementos están sendo rexistrados, coma decote, polos sismógrafos do Instituto Geográfico Nacional (IGN), que contabiliza 11 tremores nos últimos 30 días (o maior deles, de magnitude 2,8, tivo lugar o 4 de xullo no termo municipal de Celanova).

Os dous últimos producíronse esta fin de semana na Merca, ao tempo que Calvos de Randín, xa preto da fronteira con Portugal, apareceu nos sismógrafos cun terremoto de magnitude 2,1 rexistrado na madrugada do xoves ao venres.

Publicidade

A de Celanova é unha zona sismicamente activa en Galicia, xa que forma parte da foxa tectónica correspondente coa Depresión de Ourense, á que se estende a Cordilleira Cantábrica nun dos seus estremos, tal e como se pode ver nesta imaxe:

Zona de colisión entre a placa Ibérica e a Euroasiática. Imaxe cedida por Juan Ramón Vidal Romaní.
Zona de colisión entre a placa Ibérica e a Euroasiática. Imaxe cedida por Juan Ramón Vidal Romaní.

A sucesión de sismos de Celanova é a máis numerosa no que vai de ano en Galicia. O ano pasado, durante o mes de maio, un enxame sísmico tivo lugar no interior da provincia de Pontevedra, sobre todo no municipio de Ponte Caldelas. Este tipo de fenómenos, segundo se ten explicado desde o Instituto Geográfico Nacional, forman parte do movemento continuo e habitual das placas tectónicas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O galego que puxo en xaque as ditaduras de Franco e Salazar coa toma do “Santa María”

Xosé Velo, nado en Celanova, foi o activista que ideou o secuestro dun buque internacional que acadou unha gran relevancia en 1961

A tormenta solar que deixou ver auroras boreais en Galicia en maio de 2024 foi a máis intensa en 35 anos

Os episodios volvéronse repetir en outubro de 2024 e en aninovo, e neste 2025 o ciclo solar está no seu máximo

Unha voda entre dous homes no Ourense do século XI?

As expresións emocionais dun documento altomedieval do mosteiro de San Salvador de Celanova poderían suxerir un matrimonio homosexual

As ondas sísmicas dos terremotos de Turquía e Siria detectáronse na península

Unha animación resume o movemento dos dous potentes sismos, que xa deixan máis de 2.300 mortos nos países afectados