Sucesión de pequenos terremotos no sur de Ourense

En Cartelle e na Merca, o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou varios sismos nos últimos días

Nas últimas xornadas, Galicia rexistra unha actividade sísmica prácticamente diaria, recollida polo Instituto Xeográfico Nacional. Este luns 1 de xullo, á 1.05 horas da madrugada, rexistrouse un sismo de 2,4 graos de magnitude localizado no concello da Merca, co hipocentro situado a 1 quilómetro de profundidade.

No mesmo municipio, foi detectado outro sismo de 1,8 de magnitude o pasado sábado 29 de xuño; e outro de 2,1 o venres 28.

Publicidade

Ademais, na mesma área foron detectados polo IXN outros dous sismos na fin de semana, localizados en Cartelle, que non alcanzaron os 2 graos de magnitude. Agás o rexistrado este luns 1 de xullo, que podería ser sentido pola poboación, o resto non é probable que foran percibidos e ningún entraña risco.

Mención aparte merece o pequeno sismo localizado e Taboada (Lugo) o venres 28 de xuño, con 1,9 de magnitude. Neste caso todo apunta á proximidade do encoro de Belesar, despois de que varias investigacións apunten a que pode provocar pequenos movementos pola influciencia da súa masa de auga.

Publicidade

Localización dos sismos en Ourense.

Galicia non adoita vivir grandes sismos como os que acontecen noutras zonas do planeta. Porén, de cando en vez as fallas que atravesan o territorio lembran que a tectónica de placas está aí. Alén dos movementos tectónicos, responsables de movementos como o acontecido no ‘triángulo’ de Lugo, que espertou a medio país en maio de 1997, ou do enxame sísmico que tivo lugar o ano pasado en Pontevedra, hai un lugar onde a actividade é moito maior e concentrada ca na contorna: o encoro de Belesar, no río Miño. Nunha área de poucos quilómetros cadrados entre os concellos de Taboada, Chantada e O Saviñao, as medicións do Instituto Geográfico Nacional (IGN) rexistraron preto de 200 pequenos terremotos nos últimos anos. Un fenómeno ao que xa prestaron atención varios traballos de investigación sobre sismicidade.

E aquí podes ler a nosa reportaxe sobre a singularidade dos sismos en Taboadela:

Belesar, o encoro que provoca terremotos

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade