Unha sucesión de frontes traerá chuvias intensas e un descenso nos termómetros

O litoral da Coruña permanece baixo alerta amarela por un forte temporal marítimo: as ondas chegarán aos catro metros de altura nea xornada do luns

Despois dunha fin de semana marcada pola influencia dunha profunda borrasca orixinada en Irlanda e que salpicou á comunidade con intensas chuvias, Galicia amence este luns co paso dunha fronte fría, o cal implicará máis precipitacións e un descenso moderado das temperaturas. Ademais, MeteoGalicia vén de activar a alerta amarela no litoral da provincia da Coruña, onde as ondas chegarán aos catro metros de altura este 21 de outubro. As temperaturas máximas non superarán os 22 ºC, mentras que nalgunhas rexións de Ourense manteranse moi por debaixo, roldando os 15 graos.

Alerta amarela activada no litoral da Coruña por ondas de ata catro metros. Foto: MeteoGalicia

Durante o martes a comunidade quedará baixo a influencia das altas presións e coa circulación dun vento de compoñente nordés. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, chegando aos 9 graos no interior de Lugo, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso na metade sur de Galicia. Agárdanse néboas nas primeiras horas do día, que irán desaparecendo cara a tarde.

Publicidade

A chegada dunha nova fronte

O mércores mantense a situación anticiclónica, coas altas presións movéndose cara o leste: agárdase tempo seco na meirande parte do territorio, cunhas nubes que irán aparecendo ao longo da xornada. As temperaturas sufrirán un acusado descenso no terzo norte de Galicia. As mínimas roldarán os 11 graos no litoral de Lugo, baixando aos 7ºC no interior.

Na costa das provincias de Pontevedra e da Coruña as mínimas superarán os 13 graos. No caso do interior de Pontevedra, as temperaturas máximas ascenderán moderadamente ao longo da semana, chegando aos 26ºC na xornada do mércores. O mesmo ocorrerán no caso das capitais de Vigo e Ourense, que experimentarán máximas de 25 graos.

Publicidade

O xoves o paso dunha nova fronte aumentará a probabilidade de chuvias intensas nas catro provincias. Segundo Eltiempo.es, o noroeste de España tamén experimentará unha baixada importante nas temperaturas, abrindo a porta ao aire frío. “Trala fronte irase recuperando a influencia anticiclónica, mais non a media dos termómetros“, que segundo explica MeteoGalicia será baixa para a época.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes