Unha potente borrasca atlántica manterá Galicia en alerta por choivas: estas son as zonas afectadas

Os ceos non dan un respiro aos galegos nesta Semana Santa. E non semella que o escenario vaia mudar co avance da semana e o comezo dos días festivos. Despois dun luns pasado por auga e un martes que deixou nevaradas impropias de mediados de abril, Galicia prepárase para a entrada dunha nova e potente borrasca atlántica que fará deste Xoves Santo unha xornada de intensas precipitación.

Tanto é así que boa parte da faixa costeira da Comunidade galega estará en aviso amarelo este xoves pola entrada desta fronte que deixará fortes choivas desde Cabo Vilán, en Camariñas, ata a desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha. Unhas precipitacións que non se cinguirán á zona costeira, senón que tamén afectarán ao interior da provincia de Pontevedra.

Publicidade

Deste xeito, agárdanse intensos chuvascos a partir da media tarde en toda a Costa da Morte e nas Rías Baixas, así como no resto da provincia pontevedresa. Nestas zonas estará activa unha alerta de risco de nivel intermedio (cor amarela) a partir das 18,00 horas que se manterá, cando menos, ata media noite. Alí poderían darse acumulacións superiores aos 40 litros por metro cadrado en 12 horas, acompañadas nalgún punto con aparello eléctrico.

Concellos afectados

O aviso amarelo declarado pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) afecta a ducias de concellos e esténdese ao longo de toda a costa da Coruña desde Camariñas ata a fronteira co norte de Pontevedra que traza a desembocadura do río Ulla na ría de Arousa. Con todo, tamén hai concellos das zonas interiores próximas á costa que permanecerán en alerta, como as comarcas do Xallas, a Barcala ou Santiago.

Publicidade

En Pontevedra, a alerta tamén se prolonga por todas as Rías Baixas e os municipios máis próximos. Ademais, penetra por toda a conca do río Miño nas comarcas do Condado e Paradanta, limítrofe xa ca provincia de Ourense.

De cara ao Venres Santo, a borrasca moverase ao interior da península. Pero tampouco significará que nos abandonen as choivas en terreo galego. Seguiremos tendo precipitacións que se alternarán con ceos descubertos, un tempo propio da primavera de non ser polas frescas temperaturas, que continuarán en valores baixos para esta época do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

MeteoGalicia activa a alerta por temperaturas superiores aos 36 graos

A área do Miño de Ourense e Pontevedra, Ribeira Sacra e as Rías Baixas serán as máis afectadas pola dorsal subtropical

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores