Unha fronte fría deixará 24 horas de choiva en Galicia e un decenso térmico de ata 8 graos

As primeiras precipitacións virán a partir das 11 horas da mañá do martes, con acumulados que superarán os 40 litros por metro cadrado nas rexións do norte

Meteored informa que unha fronte fría entrará mañá polo noroeste peninsular, o que deixará unha xornada pasada por auga en Galicia. O martes prevese, así, un cambio importante marcado pola nubosidade e as choivas que poderán ser localmente treboentas e persistentes. A plataforma meteorolóxica tamén indica que o modelo europeo apunta a chegada das primeiras precipitacións sobre a comunidade galega a partir das 11 horas de mañá, con acumulados que superarán os 40, 50 litros por metro cadrado nas rexións do norte.

A calma antes da tormenta

A semana arranca con Galicia no límite entre as altas e as baixas presións, como informa Meteogalicia. A configuración atmosférica, sinala o portal meteorolóxico, deixará néboas no interior e nubosidade no litoral norte, mais ao longo do día volverá o azul aos ceos galegos. Durante a xornada pervalecerán as temperaturas propias da calor que se vén arrastrando dende os últimos días: as máximas superarán os 20 graos en toda a comunidade, pero haberá importantes diferenzas entre as rexións de Galicia.

Publicidade

No momento de mais calor prevese acadar 23 graos na Coruña; 25 en Ferrol; 27 en Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela; 29 en Lugo e 34 en Ourense. Deste xeito, haberá unha diferenza de 11 graos entre o noroeste e o sudeste da comunidade. As mínimas manteranse entre os 15 e os 17 graos en toda Galicia.

A chegada da fronte

Ao longo da mañá do martes entrará unha fronte fría polo noroeste que deixará ceos nubosos polo norte e o oeste do territorio galego, con momentos despexados alternados durante o día. A xornada estará marcada polas choivas, que avanzarán de oeste a este e terán especial intensidade no litoral coruñés.

Publicidade

A chegada desta fronte tamén se fará notar nas temperaturas: aínda que as mínimas apenas experimentarán cambios con relación ao luns, as máximas experimentarán unha caída considerable, de ata 8 graos nalgunhas das cidades galegas. Deste xeito, Santiago de Compostela quedará por debaixo da vintena, con só 19 graos de máxima; Ferrol, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo estarán entre os 20 e os 23 graos; e os termómetros de Ourense marcarán 27. A capital galega e a cidade lucense acollerán as baixadas máis drásticas fronte á xornada anterior.

Volta á estabilidade

O mércores Galicia estará marcada polas altas presións con circulación do nordés, como apunta a axencia meteorolóxica galega. Isto deixará nubes baixas no interior e néboas que se disiparán ao longo do día. Aínda poderán rexistrarse episodios illados de choivas na Mariña que, non obstante, remitirán de cara á tarde.

A nivel térmico, as mínimas quedarán por debaixo dos 15 graos en toda a comunidade, coa previsión máis baixa (de 10 graos) en Lugo. As máximas, pola contra, manteranse na metade norte e aumentarán no sur. Así, agárdase chegar a 26 e 27 graos en Vigo, Pontevedra e Ourense, mentres que as demais cidades de Galicia rondarán entre os 21 e os 23 graos no punto de máis calor do día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

Tres frontes atlánticas consecutivas deixarán precipitacións e ceos nubosos en Galicia

A semana presentará unha situación moi diferente entre o sur e o norte da península, onde a influencia anticiclónica deixará paso a un tren de sistemas fríos

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro