Unha balea pode consumir máis de tres millóns de microplásticos ao día

Un estudo analiza como se alimentan estes animais e determinan, a partir das súas feces, que consomen 21 pequenos plásticos por cada seis gramos de excrementos

Tres millóns de microplásticos. Esa é a cantidade estimada que pode consumir unha balea do golfo de Hauraki ao día. Así o establece un estudo con participación internacional desenvolvido na Universidade de Auckland, en Nova Zelandia. Para iso, analizaron as feces destes cetáceos ata constatar que, de media, había 21 fragmentos de refugallos plásticos por cada seis gramos de excrementos. A investigación, que acaba de ser publicada na revista Science of The Total Environment, analizou feces de rorcual de Bryde (Balaenoptera brydei) e de rorcual boreal (Balaneoptera borealis). 

Plásticos en todos os ecosistemas mariños

De todos xeitos, o calcular a catidade diaria de microplásticos aos que están expostos non é unha tarefa doada, aínda que xa se detectaron estes refugallos en todos os ecosismas mariños estudados ata estas datas. Malia iso, este tipo de depredadores mariños que se alimentan mediante a filtración de auga de mar son perfectos para a análise da súa exposición a estes compostos. E non só do medio no que viven, senón tamén a través do tipo de alimento que consomen.

Publicidade

Así é que estes cetáceos se converten nun elemento perfecto para analizar a gravidade da contaminación por microplásticos na zona na que se alimenta. “Queriamos comprender que cantidade de microplásticos consomen ao día, e se se encontraban no propio alimento, ou na auga que filtran durante o proceso”, engade a investigadora Laura Zantis da Universidade de Leiden, unha das autoras deste traballo.

A metodoloxía

Máis polo miúdo, os científicos levaron a cabo análises de ADN para determinar que as baleas estaban comendo principalmente zooplacton (krill). Despois calcularon a cantidade de alimento que estes cetáceos extraían por cada bocado, e partir de aí estimaron que cada animal consumía arredor de 25.000 fragmentos de microplástico cada vez que engulía a auga onde se atopa o zooplacton. “A maioría deses 25.000 microfragmentos de plástico que as baleas recollen están no krill. Só un de cada mil fragmentos provén da auga, o que demostra como o plástico se vai concentrando progresivamente na cadea trófica“, explica Emma Carroll, da Universidade de Aukland, e tamén asinante do estudo.

Publicidade

Estimaron que as baleas consomen arredor de 25.000 fragmentos plásticos cada vez que engulían auga

Co obxetivo de estimar a cantidade de microplásticos que consomen ao día as baleas, os investigadores baseáronse nun traballo previo da bióloga Rochelle Constantine, tamén da Universidade de Auckland. Ela xa determinara que as baleas do golfo de Hauraki se alimentan de xeito continuado durante o día, o que se traduce en cen bocados de alimento nunha soa xornada. Ao confrontar este último dato co anterior, o equipo estimou que as baleas consomen de media uns tres millóns de fragmentos plásticos cada día.

“No futuro, os estudos sobre o risco de exposición a microplásticos terán que ter en conta a importancia de tomar mostras tanto da auga como do alimento mariño, se se quere determinar correctamente o nivel destes contaminantes”, advirte Zantis. O traballo achega, así, unha nova maneira de medir a contaminación por microplásticos en todos os animais filtradores, como forma de entender mellor o impacto desta ameaza global.


Referencia: Assessing microplastic exposure of large marine filter-feeders. (Publicado en Science of The Total Environment)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas

A centenaria árbore das bruxas da Coruña, candidata a Árbore do Ano 2026

O exemplar, situado xunto á Policía Local, ten máis de 200 anos e 20 metros de altura, o que o converte nun dos máis grandes de Galicia

A inesperada visita dunha balea á Costa da Morte

Unha familia francesa que se atopaba realizando unha actividade de pesca con Fish-Terra atopou o rorcual preto da lancha na que viaxaban

A UE veta o uso do bisfenol A, o inimigo silencioso dentro dos plásticos

Despois de anos de controversia e 20 anos de estudos científicos, Bruxelas dá o paso de prohibir este composto tóxico para os organismos