Un río atmosférico impulsa a borrasca Garoé, que regará Galicia entre martes e mércores

O sistema de baixas presións nomeado polo servizo meteorolóxico portugués deixará precipitacións intensas na fachada atlántica

O Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera (IPMA) nomeou a borrasca que azoutou con forza os Azores nas últimas horas. O seu nome: Garoé. O profundo sistema de baixas presións estase a desprazar cara ao noroeste da península e afectará a Galicia con chuvias intensas entre martes e mércores. Segundo explican dende Meteogalicia, Garoé irá perdendo forza durante o seu desprazamento polo Atlántico, polo que non se esperan situacións tan adversas como as das illas portuguesas. Con todo, as precipitacións poderán ser tormentosas na fachada atlántica galega e o temporal non remitirá ata as últimas horas do mércores.

Segundo explica o meteorólogo Mario Picazo nun artigo publicado en eltiempo.es, a borrasca Garoé chegará moi cargada de auga. O responsable será un río atmosférico que transportará humidade de orixe subtropical, o que provocará moita inestabilidade. O prato forte da borrasca en Galicia vivirase entre martes e mércores, e despois irase desprazando polo noroeste peninsular. As chuvias iranse estendendo mentres o xoves, no territorio galego, predominarán as altas presións. O tempo será seco e con alternancia de nubes e claros.

Publicidade

Chegada doutra borrasca

Con todo, a estabilidade do xoves durará pouco. Segundo Meteogalicia, a partir do venres reanudarase a inestabilidade, que persistirá durante toda a fin de semana coa chegada dunha nova borrasca. Segundo Picazo, cabe a posibilidade de que se forme un gran sistema de baixas presións que se mova polo Atlántico norte e xere máis problemas que Garoé, con ventos moi intensos e grandes ondas. O meterólogo abre a porta á declaración de borrasca de gran impacto e, por tanto, de ser nomeada. Afectaría a toda a fachada atlántica e, por tanto, a Galicia.

Fontes de Meteogalicia explican que esta situación, a dunha sucesión de borrascas e a da inestabilidade, é habitual dada a configuración atmosférica actual. Malia que durante a pasada semana predominou o anticiclón, rompeuse o bloqueo e abriuse o corredor atlántico. Iso dá acceso á chegada sucesiva de borrascas dende o océano. Aínda que o prognóstico é moi incerto, agárdase que esta situación continúe ata ben entrada a próxima semana. Cabe a posibilidade de que coa fin de xaneiro Galicia recupere o anticiclón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Herminia bate récords

A borrasca profunda Ivo tomará o relevo durante este mércores 29 de xaneiro con alertas amarelas e laranxas en toda Galicia

Alerta vermella: nova borrasca, ventos furacanados, neve e chuvia sen tregua

O mércores entrará un novo sistema de baixas presións que relevará a Herminia e deixará unha profunda inestabilidade en todo o territorio

A apertura do corredor atlántico trae chuvias intensas a partir do domingo (e sen data de fin)

Unha profunda borrasca irase desprazando dende os Azores ata o oeste da península e deixará fortes e abundantes precipitacións ao comezo da vindeira semana

O temporal deixa ventos de máis de 150 km/h e numerosos anegamentos en casas e estradas

O refacho máximo rexistrouse nas primeiras horas do mércores en Viveiro e a maior acumulación de chuvia en Lousame, con máis de 70 l/m2